10ª ASAMBLEA 31/05/2011
1º Lectura Manifesto
2º Vídeo sobre a crise inmobiliaria
3º Asamblea: Tema “A vivenda”
4º Foro Aberto
Intervecións:
. O estado non ten mecanismos de control sobre a recalificación e masificación das vivendas, xa en stock e como sempre o pagan “os de sempre”.
. Sobre a lei hipotecaria: se vencen os recibos e non podemos pagar, proponse que a entrega da vivenda debería saldar a deuda porque, de non ser así, implica quedarse sen casa, atopar e pagar alquiler, gastos….e esa non é forma de comenzar unha nova vida. Existe un mercado de especuladores que se aprobeitan da necesidade da xente. As axencias de tasación inflan o “paquete” con outras cousas materiais: coches, viaxes, motos….pero nunca informan que se non podes pagar, a vivenda en si non salda a deuda. A administración debería controlar isto. O chan liberárono para “baixalos prezos”, pero non baixaron nada. O que se facía era “inflar” e, coma sempre, o pagamos nós. Eles tiñan os datos para controlar a lei da “prenda hipotecaria” para salda-la deuda. Os prezos do alquiler subiron desorbitadamente. Sae o mesmo que comprar. Xa se tiña experiencia, sobre o ano 92 houbo unha crise tamén. Agora dependemos do PIB, do EURIBOR….pero o problema máis grave é a desinformación. Non nos informan do que pode acontecer. Deberíase, dalgún modo, limitar a avaricia dun grupo de xente con alto poder económico.
. Recórdase que en Badalona, estos días, a unha señora cunha enfermidade que a limita, non ten ninguna prestación nen axuda, e vana votar á rúa. É un problema moi grande, temos qu poñer solución para que non volva suceder.
. Algunhas das propostas do movemento teñen unha ínfima posibilidade de que o gobernó as acepte xa que son difíciles de conseguir a curto prazo, pero o que se acaba de comentar sí se podería levar a cabo e conseguir. Sería viable que a entidade financiera se quedara coa vivenda cando non se pode seguir pagando.
3º: TEMA – A VIVENDA
1º Recordatorio do día anterior
2º Pequena introducción sobre o tema da vivenda actualmente. España foi o país onde se incrementou máis o importe da vivenda.
Puntos a tratar :
1º Axudas ó alquiler para xovenes e persoas con baixos recursos.
Intervencións:
- As nais que están soas e “abandonadas” teñen que sacar ós fillos elas soas, debeían ter unha axuda. Non teñen ninguna facilidade. Debería haber axudas para persos desfavorecidas.
- Porque se pide só para xóvenes e aparte para xente con baixos recursos?
- Axudas para o alquiler de vivenda para tódalas persoa con baixos recursos.
- Con experiencia nun grupo multidisciplinar, comenta que nun territorio ínfimo (baleares) construíase moitísimo. Propúsose que as empresas constructoras chegaran a un acordo cos concellos para rehabilitar as vivendas vellas sen saida ó mercado, para logo deixalas en alquiler un período de tempo suficiente para recuperar a inversión. Este alquiler debería ser baixo. Deste modo se recuperarían os cascos históricos e non habería que seguir enchendo e extendendo de edificios.
- O alquiler sae máis caro que a hipoteca.
Votación: Estamos dacordo en proponer axudas ó alquiler a tódalas persoas con baixos recursos. Todos a favor.
2º Que se permita a dación en pago das vivendas para cancela-la deuda.
Intervencións:
- En EEUU está aprobada
- Os bancos, cando embargan a casa, deberían de quedar saldada a deuda. Os bancos crearon novas empresas especuladoras no sector. Hai banqueiros e individuos do sector da banca que especulan coas vivendas (empresas carroñeiras)
- Un dos problemas máis acuciantes: na actualidade hai entidades bancarias que non aceptan as vivendas como pago da deuda alegando que non se venden debido á súa depreciación. Coñécense casos de xente que quixera devolver a vivenda e os bancos se botan atrás.
- Cando un constructor fai unha vivenda cun custo de, por exemplo 30.000€, a hipoteca que lle otorga o banco ó promotor comprende o beneficio que se espera obter na venta, sendo este crédito de por exemplo 90.000€, polo que se a vivenda ó final non se vende ou non alcanza este precio, a entidade bancaria tense que facer cargo da diferencia, xa que estes cartos xa voaron, diferencia que ó final acaban pagando os cidadáns.
- Cando eu comprei a vivenda fai 50 anos, a caixa postal de correos recibía os aforros das persoas que non os querían ter na casa.Correos daba moi poucos intereses. A tasación rexíase por baremos segundo a zona e outros parametros, con isto conseguíase que as persoas que querían mercar unha vivenda tiveran un baremo”real” de prezos das vivendas que se mercaban.Correos poñía uns prezos con interés fixo (3,5% por exemplo).Por outro lado, os bancos comezaron a coller moita forza, o Banco Exterior era un banco do estado con moitos beneficios. Un gobernó socialista creouse a entidade ARGENTARIA,absorveu as caixas postais e o banco exterior de España, creouse unha nova entidade que foi vendida o BBV privatizando deste xeito o sistema de financiación (público) que había. Todo o “público” acabou en “malo” (funcionarios vagos, pouco efectivos) e o privado “bo” (efectividade, traballadores “santos esforzados”). A caida da banca privada sería un gran desastre, exemplo: “Corralito”, pero a banca ben o sabe e aproveitase. O estado garantízalle o banco que non vai perder, resultando en inyeccións de capital como as recentes. Esto non debería ser así, o estado deberían garantir ós pequenos aforros, pero non os de accionistas,grandes empresas…perdendo estes ultimos a sua inversión se se adican a facer inversións en paquetes “basura” ou “contaminados”. Como a inflación é imparable os nosos cartos non rinden. Polos gastos administrativos vale que cobren,pero,entón o diferencial de inflacción debería pagala unha metade o banco e a outra o cliente. Actualmente o diferencial de inflación reverten nos bancos, os bancos beneficianse diso xa que invirten en productos que debido a inflación se revalorizan. Esa ganancia revertir tamén nos clientes que son os donos deses cartos. O plantexamento actual é un robo.O banco que perda que o pechen.Tiña que haber unha banca estatal para que houbesen inversión preferentes, para vivenda, PEMES,…E dicir, “garantía real”.Os inspectores (funcionarios) escribiron unha carta a Salgado pubicada en “el mundo” dicindo que non lles deixaban investigar a Rumasa. Timo piramidal puro e duro onde se pagaban pagarés de vengoña.
- En canto ós préstamos, se os cartos son nosos, somos nós os que lle prestamos os cartos ós bancos para que éstos os invirtan, logo, se nós pagamos intereses cando pedimos un préstamo eles tamen deberían pagarnos a nós polas suas inversión.
3º Expropiación por parte do estado das vivendas en estocaxe:
Intervencións:
- ¿Por qué hai que ter esas vivendas paradas podendo alugalas a baixo precio para xente sen recursos?
- É denigrante que haxa 700 vivendas baleiras por cada unha ocupada e a vez, miles de persoas sen un teito.
- En referencia a propiedade privada debería aplicarse a lei de que o que teña 3 ou mais vivendas,debería alugar a terceira para primar o ben común frente a propiedade privada. É unha lei complicada por entrar en conflicto co dereito a propiedade privada.
- Non estou dacordo coa expropiación das vivendas en estocaxe; creo que as deberían quitar o mercado a un prezo razonable ou ben que pagen mais impostos.
- Que a primeira vivenda sexa mais económica que as seguintes. Gravar a compra de segundas e poteriores vivendas.
- Tamen hai que ter en conta a trampa que fai muita xente poñendo o piso a nome de familiares ou amigos…
- Eu quería proponer unha lei de reciclaxe,e dicir, se tes 3 ou 4 casas comparte,que non estean paradas,hai que darlles vida, reciclar,transformar,aproveitar…
- Recargo fiscal a partir da 2º vivenda.
- Que che den unha vivenda acorde as tuas necesidades.Se poden estudar mecanismos para dar solución e conforme vaia cambiando a tua vida e necesidades, poidas adaptar ou incluso cambiar a vivenda axustándose a éstas.
- Non hai que facer leis por que xa está na Constitución. Exisir que se cumplan.
- Hai moita especulación nesta zona, sempre houbo moitos problemas coa propiedade privada.Temos que ter claro se queremos ter unha vivenda en propiedade,e dicir,se merece tanto a pena como nos están vendendo.
- Aquí a maioría prefire alugar en verán e en negro.Gañando así mais cartos en 3 meses de vran que alugando todo o ano.
- Hai moito medo por parte dos propietarios a facer contrato pola duración do aluger,e os dereitos que ó arrendatario adquire co paso do tempo,e ó mellor precisas ti a vivenda e non podes disponer dela.
- Bancos e políticos vendéronnos a moto, fixéronnos creer que a vivenda era unha inversión que sempre ía ir a alza, e o final hipotecamos o noso futuro.
- Paquete triple A!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!JUANRA!!!!!!
4º Facer un marco legal que regule a fiscalidade na compra de vivendas sucesivas:
Intervencións:
- Que a primeira vivenda sexa barata,a segunda teña mais intereses,e a terceira mais…e así sucesivamente.
- Habería que simplificar a vivenda. Demasiadas leis,chan,vivenda…están todas pensadas para o mesmo.Deberíanse cambiar as leis para que todos tivésemos acceso a unha vivenda digna como establece a Constitución.
- Financiación alternativa para os concellos. Actualmente a única fonte de financiación dos concellos é a construcción
- Que se teña en conta a situación persoal de cada individuo(renta,fillos…)para que quen non teña ingresos tamen teña dereito a unha vivenda.
FORO ABERTO:
Intervencións:
- Comparativa do gasto militar fronte as inversión en Educación, cultura…
- Referencia as axudas para a vivenda que teñen os países nórdicos como modelo a seguir.
- Recibimos información de xente que pide cartos no nome de Democracia Real Xa e desvinculamos este acto do movemento.
- Experiencia persoal da compra-venta de pisos.
- Proponse investigar as declaración de insolvencia da xente para non pagar debedas ou percibir axudas.
- Que se respeten no ámbito profesional os códigos morais e éticos de cada profesión como recolle a lei.
- Referencia a manipulación nos medios de comunicación, xogando coa preocupación da xente para interese deles.
- Enerxías renovables, consumo enerxéticos e biocombustibles e o dilema que crean,como solución proponse os pastos galegos.
- O Consumo intelixente como forma de non intoxicarnos cos productos transxenicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario