martes, 21 de junio de 2011

Acta reunion de comites 20/06/2011

Reunión Comités 20/06/2011

. Recordatorio de normas xerais de comportamento na acampada.
Debatiuse e acordouse que:
-         é mester interiorizar e cumplir as normas de convivencia, as normas de funcionamento da asamblea, foros de debate e reunións de comités. É necesario mater as formas e o respeto, e facer as críticas de foma obxectiva.
Para millorar a convivencia e organización do grupo recórdase que é necesario que funcione a rotación de tarefas. Dase a opción de crear contas de correo google-groups para a comunicación de cada comité e usar a rede social n-1 (é unha rede propia do 15M)
Acórdase que se farán charlas nalgún momento sobre o funcionamento de google-groups, google docs e rede social n-1.
Recórdase que temos que tender a unha organización flexible, onde todos podamos participar en todo, pero intentando manter unha orden dando cada un prioridade o seu propio comité.

. Apoio e información ó punto de información – foro de debate de Bueu.
Debatiuse e acordouse:
-         unha serie de voluntarios acudan a Bueu de vez en cando, especialmente os martes que fan a súa asamblea para darlles apoio, información e consello. En principio as súas actividades estarán coordinadas coa #acampadamorrazo. Os voluntarios son: Paco, Humberto, Jose, Mari e Miguel.

. Creación dun punto de información – foro de debate en Moaña.
- Voluntarios: Lucía, Juanra, Juan, Juanillo, Tonio, Cara, Ana, Chey, Dani, Iván.
  A reunión acorda que este grupo decidirá como e cando comenzar a facer o                     punto de información – foro de debate en Moaña.

. Relativo ó posible levantamento da #acampadamorrazo.
-         Acordouse que non se ía levantar a #acampadamorrazo. Falouse de que chegará o momento en que haxa que levantala, pero de momento é moi necesaria, porque temos que afianzar ainda moito a organización do grupo, afianzar as actividades de información activa polos barrios e afianzar os puntos de información – foros de debate de cada concello.
-         Propúsose que no momento en que se levante a acampada habería que buscar un local público, que nolo prestara o concello.
-          Acordouse que non se volvería a sacar este tema a debatir ata que houbera moita xente que así o reclamara.
-         Votouse: todos a favor de non levantar a acampada polo momento.

.  Fálase de que é moi necesario manter as actividades de información activa nos tres pobos e nas súas parroquias, e aclárase que apoiar e manter os postos de información en cada localidade axudará a realizar esta actividade.
            Tamén se falou que hai que informar de que existen autorizacións para que os menores poidan participar neste movemento.
            Propúxose crear contas de google-groups para cada punto de información – foros de debate de cada concello.


. Reorganización da asamblea.
-         Reorganización do funcionamento: elebrarase un foro de debate unha vez a semana en cada punto de información – foro de debate de cada concello. Estarán coordinados, tratándose o mesmo tema nos 3 concellos. As propostas obtidas en cada foro de debate levaranse á asamblea xeral do Morrazo.
-         Temática da asamblea: intentarase tratar con prioridade os mínimos consensuados en toda España, sen esquencer outros puntos de actualidade importantes. Buscarase información útil xa traballada doutras acampadas.
-         Proponse que os mínimos xa votados en asamblea non se volvan tratar. Tamén se falou de que os temas moi amplos se subdividan por apartados.
-         Fálase de que temos que ter un equilibrio entre ter propostas nacionais e locais. Os dous tipos de propostas son necesarias.

. Reorganización das actividades da semán.
-         Falouse de que non son necesarias actividades cada día e debemos ser máis selectivos  coas charlas que se dan e intentar gañar en calidade.
-         Intentar facer horarios para coordinar as charlas entre os diferentes concellos.
-         Explotar máis o audiovisual. Facer un día a semana.

. Varios:
-         Facer unha acción coordinada co resto de Galicia sobre a tasa Tobin. Proponse intentar quedar en Santiago, e se non se pode facer algo máis local.
-         Falouse de facer”iniciativas legislativas populares”
-         Proponse contactar a nivel xurídico co resto de acampadas.
-         Recórdase a iniciativa da Marcha popular en apoio o movemento.
-         Fálase sobre a banca ética.




No hay comentarios:

Publicar un comentario