9ª ASAMBLEA 30/05/2011
1º Breve lectura sobre comunicado de DRY
2º Recordatorio: a partir dos próximos días haberá poñentes especializados en varias áreas.
. De comunicación e propiedade intelectual
. Macroeconomía, bancos e caixas
. Contratación pública e privada
Por outro lado, comunícase que na próxima asamblea explicarase o que aconteceu durante este tempo noutras partes de España e do mundo, relacionado co movemento.
Lectura do comunicado que se fixo de prensa sobre o desaloxo violento da asamblea de París. Decidiuse ir a Madrid a fin de semana para concretar puntos que se poidan levar ó parlamento.
3º Recordatorio da acta do día anterior.
ASAMBLEA
Orde do día:
- Informase que se constituiu una asamblea en Madrid para tódalas acampadas de España. Consiste en ir a máxima xente posible á asamblea que se fará en Madrid durante esta fin de semana.
Intervencións:
- Deberíamos de tratar de mellora-la coordinación entre tódalas acampadas. Deberíase construir una estructura “horizontal” para ser todos oídos, incluso as localidades pequeñas. Centrar a reunión en que haxa comunicación horizontal.
- Dende Granada saíu a idea da reunión de tódalas acampadas nunha soa cidade, por exemplo Madrid por ubicación xeográfica, para facer forza.
- Proponse facer unha bolsa de propostas común ó territorio e presentalas.
- Proponse ler as 8 propostas e tamén os mínimos
- Os mandamáis, os daí arriba nos queren dividir, proponse comezar mellor por uns mínimos común a tódalas acampadas de España.
- Proponse enviar tamén as propostas que acordamos ata o momento en #acampadacangas.
- Todo é importante, non se poden poner unhas propostas por riba doutras.
- Hai que ter tendencia a unificar e pidir algo concreto ó territorio nacional, non centrarse no local nen por comunidades.
- Centrarse só nas que se poden cumplir. A xente quere resultados. Hai que comezar pasiño a pasiño.
- Recóordase que o propósito é votar e acordar primeiro se se envía representación a Madrid da #acampadamorrazo. Non hai presa, pódense pactar agora uns mínimos e seguir pactando.
- En tódalas asambleas que se fixeron non saiu ninguna idea descabellada. Ata o momento todas son válidas. Pero hai que acordar uns mínimos e seguir. É unha carreira de fondo
- Falan dun comentario ou declaración que fixo un señor que participou en maio do 68 (Francia). Di que as forzas políticas estaban esperando q que saira un líder para compralo. Os políticos e a xente poderosa teñen moitos medios para corromper ás persoas. Entón advírtese que non hai que deixarse ir tan despacio.
- Advirten dun perigo por parte da dereita. Hai un intento de converti-lo movemento nun descontento, sen nada que proponer. Temos que ter ben claro que é o que queremos, se unha democracia representativa ( a que temos ) ou unha democracia participativa (onde o pobo participe, un obsectivo moi ambicioso).
- As cousas de maior efecto son as de raíz, hai que golpear ó sistema económico.
- Se se aproban as penas por corrupción os xuices van estar de parte dos políticos. Teñense que separar os poderes. Reivindicase ir a por todas, hai qu aproveitalo momento, pedilo todo porque ó mellor non imos ter outra.
- Recórdase o acontecido co IGAPE estes días.
- Hai que ter pillería, intentar ir a polos puntos que máis vote a xente. Proponse eliminar das propostas, por exemplo, a reducción do gasto militar, e retomalo máis adiante.
- Se lle rebate ó anterior que se se lle explica ben donde van parar os nosos cartos e as repercusión que o gasto militar ten na sociedade, habería ainda máis xente a favor do punto de “recortes no gasto militar”.
- Reivindícase a “separación de poderes”.
- Proponse facer online e non asistir directamente a Madrid.
Votación: queremos que vaian portavoces de #acampadamorrazo á asamblea que se realizará esta fin de semana en Madrid. Todos a favor.
- Cantas propostas levar
- Intervencions:
- Lectura das 5 propostas (consenso de mínimos). Obxectivos para a obtención dunha Democracia Real Xa.
- 1º Cambio da lei electoral. (Votación: todos a favor)
- . Comentan que a circunscripción única pode ser perxudicial para provincias pequenas. Galiza podería estar afectada.
- 2º Lei de transparencia administrativa e política. (Votación: todos a favor)
- 3º Dedicación exclusiva dos parlamentarios. (Votación: un voto en contra)
- Coméntase que se aprobou xa noutra asamblea.
- 4º As penas sobre a corrupción.
- . Que se aumente o tempo de prescripción
- . Comentan que cando saian do cárcere teñan que devolver o estafado. Hai que falar co comité de lexislación para consultar se é viable ou non. Falan tamén de que os cartos se meten en paraísos fiscais a nome doutras persoas. Este tema xa se debatiu e acordou noutra asamblea.
- Exténdese o punto: Que os imputados en corrupción teñan que devolver os cartos defraudados ó erario público. Ademáis da conseguinte pena de cárcere.
- Votación: equiparación da clase política co resto da cidadanía en tódolos ámbitos. Todos a favor.
- 5º Mandato imperativo: que os cargos electos estén obrigados a cumplir co seu programa electoral. Votacion: todos a favor.
- Lectura das 8 propostas iniciais
1º Eliminación de privilexios da clase política
2º Contra o desemprego
3º Dereito á vivenda
4º Servicios públicos de calidade
5º Control das entidades bancarias
6º fiscalidade
7º Liberdades cidadás e democracia participativa
8º Reducción do gasto militar
Votación. Apróbase levar os 5 mínimos.
Votación : ¿Queremos levar as propostas aprobadas en asamblea en #acampadamorrazo.? → Todos a favor.
Intervencións:
- Comentan que o senado non serve para nada, deberíase elimar. A monarquía habería que eliminala.
- Suprimir os cargos inútiles.
- España é unha monarquía parlamentaria. Así o establece a constitución
- Calqueira proposta que saise nova se debería de votar.
- Recórdase que o tema da “Monarquía” se aprobou anteriormente para debatilo en asamblea.
- Proponse votar agora se é un tema para levar a Madrid a fin de semana ou non. Votos a favor: 34 ; votos en contra: 26. A proposta se debatirá antes de ir a Madrid.
FORO ABERTO:
Intervencións:- Civismo e respeto para mante-la unión.
- Proposta de contabilizar votos nulos e brancos. Tamén os “non votos de conciencia” para que quede reflexado que o sistema non é o adecuado. Que o nº de xente que non vai votar quede reflexado dalgún xeito para que poidan indicar de porque non votan.
- Hai moitas propostas para votar e tratar, e hai moi pouca xente.
- Non somos anticonstitucionais.
- En Cangas somos 25.000 persoas, pero non todo o mundo participa nas asambleas. Habería que atraer a máis xente para falar e dialogar, para xenerar debate. Hai que escoitar os demáis para poder ver se saen cousas novas.
- Forma de traballar. Nos concellos hai plenos participativos. O final hai rogos e preguntas. Podemos enviar a algún representante de nós para informar. Tamén poderían acudir ás asambleas agún político. A participación é libre e voluntaria, e se nos plenos non se lles deixa falar, que veñan aquí.
- Idea para o tema da monarquía: que traballe máis e se gañen o soldo. Eliminar a diputación e as xuntas. Debería haber un gobernó central e poñer reforzos nos concellos. Así se acortarían moitos gastos, sen intermediarios.
- Faise referencia ó comunicado de DRY. Non nos imos convertir nun partido político. Proponse designar a algunha xente (voluntarios) para que entren nas listas e ocupen un posto nos deputados para facer de vocais das asambleas. Non se debería de elimina-lo gobernó porque se traballou moito para conseguilo.
- Personalizando as asambleas, as persoas se poden corromper. Os políticos teñen moitos medios.
- Incídese que cando todo o mundo estivese representado non se necesitaría un portavoz (correo electrónico-complementario).
- Hai xente que non participaría.
- O gobernó debería informar sobre as leis que se están estudando e aprobando.
- Debería haber unha revista ou periódico gratuito, no que se informara con linguaxe coloquial sobre temas do BOE. Sería accesible a todo o mundo (xóvenes, maiores…) e así a xente se implicaría máis.
- Reflexión: non toda a xente ten acceso a internet e habería que informar de máis maneiras para ser accesible a todos.
- Deberíanse de facer xuntanzas veciñis para trata temas, compartir ideas…
- Capitalismo: moita xente, xóvenes sobre todo, teñen todo o que queren, por iso non lles interesan estes temas.
- Hai unha mistura: por un lado nos venden que hai que ter unha boa tele, uns bos tenis, roupa…..vivimos nunha nube, pero tamén os políticos se aproveitan diso e deixan de informar. Non hai posibilidade de saber que se vai votar no congreso. Hai unha clara falta de vontade polo goberno en xeral.
- Recórdase o acontecido en Barcelona e París. Chamamento a voluntarios.
- A linguaxe dos libros de leis non se entende. Debería ser máis sinxela.
- Habería que implica-los medios de comunicación. A TVG non ensinou nada das manifestacións. Os políticos queren que as persoas sexamos “peóns” e non pensemos.
- Recordatorio da idea do voto electrónico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario