lunes, 6 de junio de 2011

Acta 06/06/2011

CHARLA INFORMATIVA: HORTOS ESCOLARES E AGRICULTURA ECOLÓXICA (06/06/2011)
PONENTE:
. Este é un proxecto xustificado para que a comunidade educativa se implique máis co medio ambente. Non se pode deixar de lado esta educación. Reparto xusto versus desarrollo, senembargo o que se ve hoxe en día é inxustiza social.
. A permacultura implica tódolos ámbitos, intenta reunir toda a información para influir no reparto xusto de recursos. Uso xusto para que as xeracións que veñan tamén o disfruten. E o coiden. Educación para a sostenibilidade.
. Horto escolar: con esto faise ver ós cativos o que é desechable, promóvese a non competitividade, non ó protagonismo.
. Conseguiuse que fose unha asignatura lectiva máis. Con este método pásase da teoría á práctica: matemáticas, física, arte, música, química. Comprobouse que favorece moito ós nenos con conductas agresivas, nenos hiperactivos, ou con algún problema de integración. Nesta asignatura todo é práctico e aquí descargan todo o acumulado.  
. Autoxestión dun sistema: é un proxecto de 2, 3 ou 4 anos  xestionado por monitor@s e logo o centro docente é quen se fará cargo. Isto faise para non crear dependencia de monitores expertos. Foméntase a sostenibilidade, p.ex. calentadores solares para a auga da cociña, pequeno horto do que logo se levarán as verduras ó comedor, pequenas cousas que se van facendo para cando se corte o grifo!
. O colexio volcouse moito co proxecto, incluso recopilaron cancións antigas de horta.
. Hai que deixar claro que o horo fanno os alumnos, non os monitores. O crean todo eles e participan tódalas aulas en todo: cos semilleiros os máis pequenos, cos sachos xa os maís maiores….o que sí se fai é que os maiores dirixan e protexan ós máis cativos, trabállase a figura do “irmán maior”, polo tanto traballan todos xuntos. A dinámica que se segue é que todos traballan en todo, así vai máis rápido. O que empezan uns o acaban outros. Así rómpese o ego de “iso o fixen eu”. Recórdase que todo é de todos, comunitario, e danse conta do valor das cousas, síntense motivados e aprenden a coidar o que é de todos.
. Co horto tamén se integrou unha charca (acuacultura) na que aprenden a función da fauna nestes ámbitos: para que serve un mosquito, unha rá…… tódolos elementos son necesarios. A través dos animais e do medio ambente vaise integrando tódalas asignaturas.
. Se non respetamos o medio non se pode exixir que sexamos máis solidiarios.
. Intervención: ¿O proxecto está colgado na rede? ¿Cómo se pode acceder a él?
. Partiuse da base de que o colexio si quería esa actividade, ademáis non como clase extraescolar senon como asignatura e a verdade é que non hai material nen libros todavía sobre o tema.  Empézase agora a introducir o medio de sostenibilidade nos centros, moitos o queren no seu currículum pero non todos teñen os medios.
. Como anécdota, direi que os nenos teñen máis ganas de comer verdura. É un éxito. O sector primario deixouse de lado e nos centramos nos servicios. Hai que volver á primeira opción. Hai que centrarse máis na “autoxentión”, recuperar as terras abandonadas é básico.
. Breve explicación sobre o “Compost” e proxección de power point informativo.


 “GRUPO DE CONSUMO”:
. Trátase dun horto común que coidan entre todos os que pertencen ó grupo. Desterrase a idea de que o campo é pobreza. O 50% da xuventude está en paro, hai moitos proxectos de agroforestal en colaboración con universidades que daían vida á cidadanía local. En Galicia estmaos moi atrasados. Temos unha desvinculación moi grande co medio ambente e co horto. O problema é que agora vivimos en pisos e non hai tempo para traballalos hortos. A idea é que un horto que alguén teña e non o empregue o ceda e o traballe outra xente, anímase a participar. No grupo todos teñen unha tarefa asignada. Conséguese unha boa alimentación e da traballo á xente local. Tamén se propón un banco de tempo ou trueque.



No hay comentarios:

Publicar un comentario