jueves, 9 de junio de 2011

CHARLA INFORMATIVA: BANCOS, CAIXAS, MACRO E MICROECONOMIA (04/06/2011)

CHARLA INFORMATIVA: BANCOS, CAIXAS, MACRO E MICROECONOMIA (04/06/2011)
Exposición:
    . Neoliberalismo – Teoría económica que segue o sistema económico actual.
        Dende pequenos se nos educa nunha serie de creencias e valores que nos fan crer que hai unha sociedade inamovible, que nos temos que  adaptar a ela. Fora do capitalismo din que non existe outra vida. Non interesa a sociedade. Cita a Eduardo Galeano.
        O sistema fainos crer que os economistas son os que gobernan e entenden. Cada vez que falan de micro e/ou macroeconomía está feito para os que entendes e iso non é verdade.
        Transformación galopante do sistema actual a partir dos anos 80. A filosofía do Neoliberalismo foi creada polo premio nobel de economía Friedman. Premisas:
    . O estado e todo o que o incunve é malo. “Mercado bo / estado malo”. Presionan para que todo se privatice. Fan que se vendan todos os activos para amortiza-la deuda. Serve para desfacerse de todo o público. En sanidade hai listas de espera intolerables, quérese privatizar todo. Unha vez que se privatice todo so poderán estudar as persoas con alto poder adquisitivo. O mesmo pasará coa sanidade.
    . Os bancos reúnense para que non haxa control sobre eles. Cando se privatizan as empresas públicas so son os catro de sempre.
    . Fenómeno de “Acumulación da riqueza”. Isto favorece ás clases sociais máis altas. É unha fiscalidade regresiva: fai que as clases sociais máis baixas o padezan. No ano 1983 comezouse con este tipo de fiscalidade en EEUU  donde 31% da poboación posuía o 37% dos bens patrimoniais, sete anos despois, no 1989, só o 1% da poboación era o que controlaba o 37% destes bens. Menos do 1% acumulan as riquezas do país. Fiscalidade regresiva: hai que pedir unha fiscalidae progresiva: p.ex. se gañas 100 pagas 1, se gañas 300 pagas 6.
    . FMI: serve para acudir a rescates. Cando se producen eses rescates é para favorecer ós inversores. “Rescatan ós ricos dos países pobres”. Internet serve o capital, ó mercado. A maioría das operacions monetarias fanse por este medio. Estes cartos non se poden controlar. Búscase unha trampa para que o estado non poida poñer unha traba. “O cambio de divisas da rede nun día é superior ó PIB de Alemaña nun ano”.
    . Quen manda son os mercados.
    . Deterioro do emprego. O traballo seguro en España non existe e a xuventude nunca vai coñecelo. A informática derivou á robótica polo tanto o operario sobra. Por exemplo, en EEUU dende 1940 ó 1990 coa producción total dupricáronse os bens e servicios, senembargo, do ano 1991 ó 1994 aumentou a producción ainda máis pero perdéronse 300.000 postos de traballo. Calquer peroa maior saben que nos bancos traballan, máis ou menos, o mesmo número de empregados, senembargo o número de operación dupricáronse (caixeiros automáticos, internete…). A robótica fai dunha persoa algo prescindible.
  
    . O traballo público – as oposicións – son un enganabobos. O fan para que a xente se aferre a algo, fai de “carnaza do pobo”, ademáis que é un auténtico fraude. Neste momento deberíamos ser máis ricos porque producimos máis pero hai “poboación sobrante”.
    . Non se quere nen explota-la xente porque sobra.
    . Somos a xeración máis preparada pero sen opcións de futuro laboral.
    . A globalización económica implica a globalización do comercio e a globación do consumo. Non existe tal crise, cada vez se xenera máis riqueza pero sufren, como sempre, as clases máis baixas.
    . Preveese que é a nosa xeneración vai ser a que vai vivir peor, peor que os nosos país. Os xóvenes teñen a doble de posibilidades de sufrir problemas de saúde relacionados coa psicoloxía, obesidade… o modelo social ó que imos encamiñados é ó de EEUU, onde hai 30 millóns de persoas “encarceladas” nas súas vivendas porque teñen edo. Hai 22.000 mortos anualmente. Ese é o modelo ó que imos encamiñados: obesidade, depresión, violencia, homicidios…
    . No Nepal fan a “Tasa Bruta de Felicidade”, consumen moitísimo menos que Europa, e son moito máis felicides.  Os países emerxentes  pagna un prezo moi alto para estar como están: violencia, asaltos, roubos….
    . Solucións ó capitalismo: no maio do 68 o slogan era: “Non sabemos o que queremos pero TEMOS MOI CLARO O QUE NON QUEREMOS”. Para isto é imprescindible que haxa unha educación de calidade e gratuita e non perder a sanidade pública, e outro punto importante é que a banca debería ser tamén pública, xa que actualmente está controlada polos partidos políticos. (cando alquilas el culo no cagas cuando quieres)
    . As caixas e os bancos xogan cos nosos cartos á ruleta. Invirten en productos de alto risgo e o perden todo!. Deberían opositar e ser cargos públicos cos estudos correspondentes.
    . Habería que recuperar a “Enerxía”, que fose “pública”. Non pode estar en máns privadas, é moi perigoso porque se nos pode coartar a liberdade de movemento. A auga dos estanques e ríos é de tódolos cidadáns.  En Alemaña xa firmaron para pechar as centrais térmicas-nucleares, en España nada! Tiñan que estar xestionadas polo estado, ser públicas.
    . Fiscalidade de tipo europeo: habería que impor uniformidade nos impostos cun defensor da UE. Habería que conseguir a unión dunha Europa social. O IVA, IRPF…se debería de abonar de forma progresiva segundo as clases para toda Europa.
    . O gasto militar é un gran problema. Grecia, por exemplo, destina un 7% a exército e armas, recordemos que está sendo rescatada! E España gasta entre un 3 e un 4%. Isto e´aberrante e nefasto, pervivimos nunha sociedade medieval. Dende nenos nos educan a que temos unha patria, un rei, un exército e en crer en Dios! Estes gastos deberíanse destinar a ter mellor sanidade e educación. (En Costa Rica non teñen exército)
    . Non se lle da ningún tipo de valor ós gastos militares. Costa máis un avión militar (que non serve para nada) que un hospital en Santiago!
    . Cando se di que non hai cartos o hai para os de sempre! Moita xente creente está dacordo. Co IRPF se recaudan 250 millóns de euros. Estímase que se lle da a igresa entre 6.000 e 10.000 millóns! Mentres que os soldos dos funcionarios son sobre 3.000 millóns! Ademáis, a igresa (negocios) están exentos do IVA, do IBI…porque se di que son unha fundación sen ánimo de lucro! Pero senembargo é a principal empresa hosteleira deste país! Os mellores restaurantes de Santiago pertencen á igrexa…teñen montado un negocio no que recaudan por bodas, bautizos, misas, convenios con floristas e fotógrafos…..pequenas rapiñas que dan unha cifra de volumen sensacional, maior que Inditex ou Telefónica. Non se pode entender porque pasa isto, pero a igrexa ten algún medio de presión, seguro.
    . Referento ó noso monarca, cobra 8 millóns de euros anuais, pero nos custa moito máis: militares adscritos á casa real, 2 fragatas, milleiros de policías que se desprazan con eles, coches oficiais…..todo isto ven sumando sobre 100 millóns de euros, que saen do erario público. Nola meteron dobrada coa constitución. Non se nos deu a elixir entre monarquía ou república. Seguimos unha institución medieval que contradí á constitución.
    . Anécdota: na corte, os músicos que traballaban para eles (Bethoven) dixo unha vez tirando unha estatua dun príncipe: “vos sois el que sois por suerte del destino pero o por lo que me lo he currao”.
    . Deberíase acabar co senado e ca diputación, é unha duplicidade. Poderíanse fusionar municipios, pero ós políticos non lles interesa.
    . Tamén está en contra de que os partidos políticos financien ós sindicatos. Éstos, na actualidade, son institucións atadas, non poden actuar porque están comprados.
    . As fundacións non se deberían de pagar co erario público. Totalmente contrario. O estado de autonomía duplicouse. Hai que acercar a administración ós cidadáns.
    . Decrecemento económico: baixo ningún concepto un plantea finito pode medrar de maneira infinita. Hai informes sobre a situación do planeta, e ten uns límites de crecemento. A demografía, os recursos, a contaminación, os modelos de crecemento viables e inviables….todo isto inflúe no decrecemento económico. A tecnoloxía actual fainos ser máis felices consumindo máis. Investiguemos sobre a economía do decrecemento. O que ocorre é que o capitalismo precisa crecer porque se non crece entra en crise. Para o planeta esto si é un problema. Nos leva a baixa-la calidade de vida.
    . Sobre a irracionalidade: fai 7 anos Greenpeace protestó en Vigo. O barco foi asaltado por un sindicato (liberados) o grito : mercenario quen vos paga. Ese ano houbo unha lei que as pontes de García rodriguez puxera uns filtros para contaminar menos, estos liberados convenceros á xente para que se puxera en contra.
Hai que crecer máis dun 5% PIB para dar emprego.
A favor da tasa tobin: que se aprique
Tasa al uso para vivenda: a partir da 3ª vivenda pagar un imposto de luxo.
    . INTERVENCIÓNS:
A favor do euro, podería ser a solución de Grecia que se volverá á anterior moeda? E en España coa pseta?
Cando existía a peseta, o que se facía era devaluala: aumentábamos o turismo, co euro xa non é posible. Non se pode facer política “particular” porque xa entramos no euro e recibimos axudas (cartos) xa fai 20 anos. En Gran Bretaña non teñen o euro pero non están moito mellor ca nos.
Que repercusións terán as revoltas no mundo árabe para con Europa?
Nos traémonos o petróleo e a eles lles damos almún medio….pero oscartos se volven para aquí dalgunha maneira. En Marrocos a sociedade está totalmente controlada. O rei, cando comezaron as revoltas, reuniuse en Francia para saber que ía pasar con el. O que están a sufrir nese país é unha dictaduras durísima. Hai infiltrados nas células. O rei ten o poder absoluto de todo o país. A España e Francia lles interesas que isto sexa así porque son socios empresariais, e a xente como está asustada pois non reclama o que lle pertence. Así que este país tiña que explotar e gracias a internete a xente está moi informada. A realidade é outra, moitas persoas nos países árabes son antimonárquicos, ateos, antisistema… isto dará pe a un cambio radical da sociedade porque son países moi ricos que viven na indixencia. A España seguro que nos ignorarán.
Como será despois de habelos rechazado?
Europa so vai por intereses económicos. É un tema moi complexo e a previsión sería moi complicada. Os que nos preocupaban antes eran os extremistas (sistema totlitario) pero quedaron de lado coas revoltas. Hai moitas persoas que, debido ós seus estudos, se desvincula destes movementos. É imprevisible realmente o que pode pasar. Se loitan polo noso sistema de democracia van mal porque temos unha dictadura dun par de partidos.  A concentración de poder e economía nestes países é brutal.
Comenta que en Exipto a revolución funcionou porque hai sindicatos moi importantes e fortes que xa estaban exercendo moita presión. Gadafi propuxo unha banca “nacional” e quería unha banca “africana” totalmente independente de Europa e do resto dos países. Outra cousa tamén foi a ilegalidade da ONU en intervir.
Os sindicatos fan falla contra o poder, o que non deberían é de estar subvencionados por partidos políticos. Por outro lado, non todo é malo nos países árabes. Gadafi opúsose a occidente, ós cidadanos non se nos pregunta. Libia, por exemplo, permítese ter 2 millóns de traballadores foráneos porque teñen moita producción de gas e petróleo. Hai que defender un tipo de sindicato que non se financie con cartos do estado.

FORO ABERTO:
- Somos moi hipócritas co tema da deslocalización das empresas, todos consumimos “marcas” de tenis e de roupa que se fabrican no tercer mundo. Nós nos enriquecemos a costa de que outros países sexan  pobres.
- Breve inciso para falar sobre a reunión en Vilagarcía. Puntos que se trataron.
- Recordatorio: as asambleas van ser só os venres as 21:00h, e durante o resto da semana daranse charlas relacionadas co tema principal que se debata na asamblea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario