Mostrando entradas con la etiqueta acta asamblea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acta asamblea. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de junio de 2011

11ª ASAMBLEA 01/06/2011

11ª ASAMBLEA 01/06/2011
Antes de la asamblea tuvimos una charla sobre la privatización de la sanidad en Cangas, dada por la Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas (puedes ver aquí la información)
Tema: “SANIDADE”
1º Maior dotación de persoal e material para os centros sanitarios e para a investigación
Intervencións:
                . A favor do punto pero engadiría, sempre que se vir claro, que o que se quere é dende-la sanidade pública, da igual os recursos que se teñan, é para todos. Se se privatiza perdería os seus valores. Volvemos moitos anos atrás, cando se tiña que vende-la casa para ir ó médico. Cando se introduce a privatización vai en detrimento dos cidadáns.
                . A sanidade, en termos de tecnoloxía, vai avanzando a pasos axigantados. Hai poucos recursos actualmente. Imos ter que pagar por un canon e polas novas tecnoloxías, aparte de seguir pagando os impostos. Non hai que olvidarse da parte humana dos enfermos.
                . Os primeiros recortes sempre se fan en investigación, todo o que sexa avanzar en sanidade publica haberá recortes. Se lle está pechando a porta á sanidade pública e abríndose á privatización, iso é o malo.
                VOTACION:        Todos a favor.
2º Non á privatización dos centros sanitarios e a creación de máis centros públicos
Intervencións:
                . Proponse que houbera un marco legal para que os centros concertados foran facéndose públicos pouco a pouco.
                . Por exemplo “POVISA” é unha excepción. Máis do 50% do alumnado de Vigo acude a centros privados e/ou concertados. Povisa atende a 140.000 persoas desta área . Proponse a transformación deste hospital nun centro especializado público.
                . Asumíase que o hospital novo fora para a zona sur de Pontevedra pero por intereses simples somos dependentes de Povisa. Temos unha tarxeta sanitaria pública, a atención primaria se empezou a dotar de cousas e foron desaparecendo pouco a pouco. A atención primaria tería que ser máis efectiva.
                . As cabezas pensantes dín que a zona do Morrazo non ten poboación suficiente e que Bueu prefire ir a Pontevedra ó hospital.  A xuventude ten que facer que se reestructure esta sociedade.
                . A saúde non é un negocio. Cando a sanidade se implanta en privado, está para gañar cartos. Pedimos máis centros públicos.
                . Pedimos máis sanidade pública, quen queira privada que a pague.  Pedimos o que é noso, o que recolle a constitución.
                VOTACIÓN:        Todos a favor.
3º Que os médicos que traballen no sistema público non poidan exercer no sector privado. (E viceversa)
Intervencións:
                . A xente traballaría por vocación.
                . Os médicos do sector público están máis controlados que os do rivado. Deberían estar máis controlados.
                . Non é lóxico que teñan tantos privilexios.
                . Tema dos xenéricos: medicamento de uso diario, os fabrican laboratorios de 2ª pero cos mesmos xenéricos das marcas. Púsose en marcha unha idea pero rematou sendo un fracaso. Son unha boa alternativa.
                VOTACIÓN:        Todos a favor.
4º Que houbese unha casilla na declaración da renda  en para a sanidade
Intervencións:
                . En contra. A sanidade pública debería ser subencionada e voluntaria.
                . Proponse que haxa unha casilla en branco.
                . É mellor poñer unha casilla en branco.
                . Hai unha renda especial de obxeción para que os nosos cartos non vaian destinados a gasto militar.
                . Comentan que destes temas non hai ninguna información.
                . Recórdase que noutra asamblea faluse noutra asamblea. Que se cree unha revista ou xornal sobre o BOE.
                . Se ofrece colaboración.
                . Proponse modifica-lo punto: Que houbese unha casilla na declaración da renda  en branco para que a xente pusera onde quere que vaian destinados eses cartos
                VOTACIÓN:        todos a favor
                . Hai cartos que ainda que non se marque a casilla para a relixión van destinado á igrexa. Non é xusto.
5º Aumenta-los nosos gastos en sanidade para equiparalos ó resto de Europa (Aumenta-la partida de sanidade)
Intervencións:
                . Hai unha diferencia abismal entre países da CEE. Queremos tela sanidade europea.
                . Non comparte esa idea. Ela é alemana e di que alá, en Alemania, se non traballas non tes seguridade social, é as consultas e hospitais telas que pagar ti. Así que este sistema non está tan mal como pensamos.
                . A sanidade en España ocupa o nº8 de todo o mundo, no nivel de atención sanitaria. Isto está en perigo polas condicións actuais, pero é moi boa. Creese que hai cousas que se poden mellorar
                . Temos que defender e estar orgullosos da sanidade pública que temos. Unha das poucas cousas das que podemos estar orgullosos en comparación co resto de países.
                . En Francia tense dentista gratis.
                . En Francia, comentan, segundo a proba que teñas que facer pagas. En Irlanda peor. Tes que pagar o médico de cabeceira, privado, e se o necesitas derívate a un especialista, gratis, pero cóstalles facerche unha prova, tardan moito en atender á xente….todo no hospital está privatizado. A atención alí está peor que aquí.
                .Nos Paises do leste a sanidade está fatal, pésima atención. O mellor do noso sistema é que calquira pode acceder á sanidade.
                . Se pregunta que se faría coa débeda que moitos sectores privados teñen coa sanidade pública, se a pagaran.
                . Recórdase que se fala sobre aumentar o presuposto en sanidade
                . En EEUU hai moita xente ue more por non poder acceder á sanidade privada. Con menos cartos se está facendo moitísimo aquí.
                .  Modíficase o punto a votar: Proponse reducir os gastos militares e aumenta-los presupostos en sanidade pública.
                VOTACIÓN:        Un en contra. Indica que os recortes deberían ser de máis ministerios. Maioría a favor.
6ª Maior control sobre empresas farmacéuticas
Intervencións:
                . Destínase maior porcentaxe a márquetin que a investigación. Un problema común que pode ter todo o mundo, que quiten o medicamento e que o traten.
                . Descubriuse a cura contra o cancro pero a sustancia on se podepatentar, e como non se gañarían cartos non vais air.
                . Sería viable crear unha industria farmacéutica PÚBLICA.
                . Non sabe se se podería controlar, pero hai países que só che receitan as que precisan os pacentes, así non pagas a caixa enteira e tomas só o que precisas.
                . Os países pobres non poden acceder. Sería bo unha farmacéutica Estatal. Funciona moi ben a investigación pública en universidades.
                . Isto din que se vende por patentes a entidades privadas. Os investigadores deberían ter conciencia. Por exemplo, descubriuse a cura contra a malaría e cedeuse a patente.
                . Deberían facerse públicos para que quedaran aquí.
                . O problema é que nas facultades finánciase a investigación cada vez máis con empresas privadas.
                . Retrovirales. Non das as patentes a África. Miles de persoas con sida.
                . Moitas farmacúticas e por detrás daríall pluses. Moitas veces usan persoas como cobaias, sen sabelos resultados ou como lle afectará á persoa.
                . A investigación pública é fundamental. Plan Bolonia vai facer que se encarez o prezo da universidade pública. As empresas privadas faranse máis fortes con este plan.
                . Non está dacordo coa fórmula do voto da asamblea. Os puntos van encamiñados a cousas xerais, deberíanse plantexar doutra maneira porque así non se cuestiona o sistema, senon que simplemente se están plantexando “parches”. Hai outros países que teñen sistemas moi diferentes pero que funcionan. Non se trataron as variables da medicina. China combina a medicina oleópata coa tradicional. Non tratan con medicamentos, senon máis con acupuntura. Hai outras alternativas. SANIDADE ALTERNATIVA.
                . Non se pode cambia-lo mundo en 5’, hai que ir pouco a pouco, facer cementos moi fortes.
                . Explicación do funcionamento das asambleas.
                . Respecto á medicina alternativa, en occidente se nos educa a non confiar, non se educa neste método.
                . Prevención, as respostas son globais, se se invirtise na prevención habería menos enfermos e se aforraría. Hai que enfocalos puntos de maneira global.
                . Sería moi boa idea as medicinas alternativas porqu se crearían postos de traballo.
                . A medicina preventiva van á causa. Non hai que ir ó síntoma como fan aquí. Se unha persoa non emprega a seguridade social, deberíaselle devolver unha parte proporcional.
                . Non está dacordo co anterior. Debería ser solidaria, se eu non o gasto o deixo para os demáis.
                . Algo efectivo debría ser demostrable. Descoñecemos se hai probas sobre este tema, falta información.
                . Temos que cuestionarnos os diferentes métodos alternativos, deberíamos elixir a medicina que queiramos. Deberíamos facer unha reflexión de que sanidade queremos.
                . Proponse debatir este tema noutra asamblea.
Votación de tratalo tema outro día: todos a favor. Sanidade Alternativa.

                FORO ABERTO
                . Tema de laboratorios. Existe un bombardeo masivo de publicidade. Parecenos moi mal que haxa tantos anuncios. Hai que controla-lo sistema de organización dos médicos. Xenéricos. Os representantes das farmacéuticas fan favores, favoritismos ós médicos. Deberíase de controlar.
                . A investigación está subvencionada polos privados
                . Traición do xurame3nto hipocrático. Deberían preocuparse polos pacentes. Deberíase intentar limpar axentes extenos,  limpalo noso entorno, iso xeneraría postos de traballo.
                . novas dende Madrid: 60 retidos, pidese DNI para acudir á asamblea.
                . Deberíamosestar máis sans por dentro.
                . A saúde empeza pola educación da casa, aprender a comer de todo para estar sans.
                . Alternativas: B17 recupera as células pero ten mercurio
                . Quimioterapia: custa entre 6.000,00 e 8.000,00 €, ademáis é moi agresiva.
                . Sobremedicación
                . As farmacéuticas fan patentes con sustancias naturais
                . Beneficios da medicina alternativa. As farmacéuticas queren aprobeitarse da medicina alopática.
                . Novas dende Madrid: asamblea todos identificados e rodeados de policías.
               





miércoles, 1 de junio de 2011

10ª ASAMBLEA 31/05/2011

10ª ASAMBLEA 31/05/2011

1º Lectura Manifesto
2º Vídeo sobre a crise inmobiliaria
3º Asamblea:  Tema “A vivenda”
4º Foro Aberto
Intervecións:

. O estado non ten mecanismos de control sobre a recalificación e masificación das vivendas, xa en stock e como sempre o pagan “os de sempre”.
. Sobre a lei hipotecaria: se vencen os recibos e non podemos pagar, proponse que a entrega da vivenda debería saldar a deuda porque, de non ser así, implica quedarse sen casa, atopar e pagar alquiler, gastos….e esa non é forma de comenzar unha nova vida. Existe un mercado de especuladores que se aprobeitan da necesidade da xente. As axencias de tasación inflan o “paquete” con outras cousas materiais: coches, viaxes, motos….pero nunca informan que se non podes pagar, a vivenda en si non salda a deuda. A administración debería controlar isto. O chan liberárono para “baixalos prezos”, pero non baixaron nada. O que se facía era “inflar” e, coma sempre, o pagamos nós. Eles tiñan os datos para controlar a lei da “prenda hipotecaria” para salda-la deuda. Os prezos do alquiler subiron desorbitadamente. Sae o mesmo que comprar. Xa se tiña experiencia, sobre o ano 92 houbo unha crise tamén. Agora dependemos do PIB, do EURIBOR….pero o problema máis grave é a desinformación. Non nos informan do que pode acontecer. Deberíase, dalgún modo, limitar a avaricia dun grupo de xente con alto poder económico.
. Recórdase que en Badalona, estos días, a unha señora cunha enfermidade que a limita, non ten ninguna prestación nen axuda, e vana votar á rúa. É un problema moi grande, temos qu poñer solución para que non volva suceder.
. Algunhas das propostas do movemento teñen unha ínfima posibilidade de que o gobernó as acepte xa que son difíciles de conseguir a curto prazo, pero o que se acaba de comentar sí se podería levar a cabo e conseguir. Sería viable que a entidade financiera se quedara coa vivenda cando non se pode seguir pagando.

3º: TEMA – A VIVENDA
1º Recordatorio do día anterior
2º Pequena introducción sobre o tema da vivenda actualmente. España foi o país onde se incrementou máis o importe da vivenda.
Puntos a tratar :
1º Axudas ó alquiler para xovenes e persoas con baixos recursos.
Intervencións:
  • As nais que están soas e “abandonadas” teñen que sacar ós fillos elas soas, debeían ter unha axuda. Non teñen ninguna facilidade. Debería haber axudas para persos desfavorecidas.
  • Porque se pide só para xóvenes e aparte para xente con baixos recursos?
  • Axudas para o alquiler de vivenda para tódalas persoa con baixos recursos.
  • Con experiencia nun grupo multidisciplinar, comenta que nun territorio ínfimo (baleares) construíase moitísimo. Propúsose que as empresas constructoras chegaran a un acordo cos concellos para rehabilitar as vivendas vellas sen saida ó mercado, para logo deixalas en alquiler un período de tempo suficiente para recuperar a inversión. Este alquiler debería ser baixo. Deste modo se recuperarían os cascos históricos e non habería que seguir enchendo e extendendo de edificios.
  • O alquiler sae máis caro que a hipoteca.


Votación: Estamos dacordo en proponer axudas ó alquiler a tódalas persoas con baixos recursos. Todos a favor.
2º Que se permita a dación en pago das vivendas para cancela-la deuda.
Intervencións:
  • En EEUU está aprobada
  • Os bancos, cando embargan a casa, deberían de quedar saldada a deuda. Os bancos crearon novas empresas especuladoras no sector. Hai banqueiros e individuos do sector da banca que especulan coas vivendas (empresas carroñeiras)
  • Un dos problemas máis acuciantes: na actualidade hai entidades bancarias que non aceptan as vivendas como pago da deuda alegando que non se venden debido á súa depreciación. Coñécense casos de xente que quixera devolver a vivenda e os bancos se botan atrás.
  • Cando un constructor fai unha vivenda cun custo de, por exemplo 30.000€, a hipoteca que lle otorga o banco ó promotor comprende o beneficio que se espera obter na venta, sendo este crédito de por exemplo 90.000€, polo que se a vivenda ó final non se vende ou non alcanza este precio, a entidade bancaria tense que facer cargo da diferencia, xa que estes cartos xa voaron, diferencia que ó final acaban pagando os cidadáns.
  • Cando eu comprei  a vivenda fai  50 anos, a caixa postal de correos recibía os aforros das persoas que non os querían ter na casa.Correos daba moi poucos intereses. A tasación rexíase por baremos segundo a zona e outros parametros, con isto conseguíase que as persoas que querían mercar unha vivenda tiveran un  baremo”real” de prezos das vivendas que se mercaban.Correos poñía uns prezos con interés fixo (3,5% por exemplo).Por outro lado, os bancos  comezaron a coller moita forza, o Banco Exterior era un banco do estado con moitos beneficios. Un gobernó socialista creouse a entidade ARGENTARIA,absorveu as caixas postais e o banco exterior de España, creouse unha nova entidade que foi vendida o BBV privatizando deste xeito o sistema de financiación (público) que había.  Todo o “público” acabou en “malo” (funcionarios vagos, pouco efectivos) e o privado “bo” (efectividade, traballadores “santos esforzados”). A caida da banca privada sería un gran desastre, exemplo: “Corralito”, pero a banca ben o sabe e aproveitase. O estado garantízalle o banco que non vai perder, resultando en inyeccións de capital como as recentes. Esto non debería ser así, o estado deberían garantir ós pequenos aforros, pero non os  de accionistas,grandes empresas…perdendo estes ultimos a sua inversión se se adican a facer inversións en paquetes “basura” ou “contaminados”. Como a inflación é imparable os nosos cartos non rinden. Polos gastos administrativos vale que cobren,pero,entón o diferencial de inflacción debería pagala unha metade o banco e a outra o cliente. Actualmente o diferencial de inflación reverten nos bancos, os bancos beneficianse diso xa que invirten en productos que debido a inflación se revalorizan. Esa ganancia revertir tamén nos clientes que son os donos deses cartos. O plantexamento actual é un robo.O banco que perda que o pechen.Tiña que haber unha banca estatal para que houbesen inversión preferentes, para vivenda, PEMES,…E dicir, “garantía real”.Os inspectores (funcionarios) escribiron unha carta a Salgado pubicada en “el mundo” dicindo que non lles deixaban investigar a Rumasa. Timo piramidal puro e duro onde se pagaban pagarés de vengoña.
  • En canto ós préstamos, se os cartos son nosos, somos nós os que lle prestamos os cartos ós bancos para que éstos os invirtan, logo, se nós pagamos intereses cando pedimos un préstamo eles tamen deberían pagarnos a nós polas suas inversión.
Votación: Que se permita a dación das vivendas como pago da hipotéca. Todos a favor.

3º Expropiación por parte do estado das vivendas en estocaxe:

Intervencións:
  • ¿Por qué hai que ter esas vivendas paradas podendo alugalas a baixo precio para xente sen recursos?
  • É denigrante que haxa 700 vivendas baleiras por cada unha ocupada e a vez, miles de persoas sen un teito.
  • En referencia a propiedade privada debería aplicarse a lei de que o que teña 3 ou mais vivendas,debería alugar a terceira para primar o ben común frente a propiedade privada. É unha lei complicada por entrar en conflicto co dereito a propiedade privada.
  • Non estou dacordo coa expropiación das vivendas en estocaxe; creo que as deberían quitar o mercado a un prezo razonable ou ben que pagen mais impostos.
  • Que a primeira vivenda sexa mais económica que as seguintes. Gravar a compra de segundas e poteriores vivendas.
  • Tamen hai que ter en conta a trampa que fai muita xente poñendo o piso a nome de familiares ou amigos…
  • Eu quería proponer unha lei de reciclaxe,e dicir, se tes 3 ou 4 casas comparte,que non estean paradas,hai que darlles vida, reciclar,transformar,aproveitar…
  • Recargo fiscal a partir da 2º vivenda.
  • Que che den unha vivenda acorde as tuas necesidades.Se poden estudar mecanismos para dar solución e conforme vaia cambiando a tua vida e necesidades, poidas adaptar ou incluso cambiar a vivenda axustándose a éstas.
  • Non hai que facer leis por que xa está na Constitución. Exisir que se cumplan.
  • Hai moita especulación nesta zona, sempre houbo moitos problemas coa propiedade privada.Temos que ter claro se queremos ter unha vivenda en propiedade,e dicir,se merece tanto a pena como nos están vendendo.
  • Aquí a maioría prefire alugar en verán e en negro.Gañando así mais cartos en 3 meses de vran que alugando todo o ano.
  • Hai moito medo por parte dos propietarios a facer contrato pola duración do aluger,e os dereitos que ó arrendatario adquire  co paso do tempo,e ó mellor precisas ti a vivenda e non podes disponer dela.
  • Bancos e políticos vendéronnos a moto, fixéronnos creer que a vivenda era unha inversión que sempre ía ir a alza, e o final hipotecamos o noso futuro.
  • Paquete triple A!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!JUANRA!!!!!!
Votación: Expropiación por parte do estado das vivendas en estocaxe. Todos a favor.

4º Facer un marco legal que regule a fiscalidade na compra de vivendas sucesivas:

Intervencións:

  • Que a primeira vivenda sexa barata,a segunda teña mais intereses,e a terceira mais…e así sucesivamente.
  • Habería que simplificar a vivenda. Demasiadas leis,chan,vivenda…están todas pensadas para o mesmo.Deberíanse cambiar as leis para que todos tivésemos acceso a unha vivenda digna como establece a Constitución.
  • Financiación alternativa para os concellos. Actualmente a única fonte de financiación dos concellos é a construcción
  • Que se teña en conta a situación persoal de cada individuo(renta,fillos…)para que quen non teña ingresos tamen teña dereito a unha vivenda.
Votación: Todos a favor

FORO ABERTO:

Intervencións:
  • Comparativa do  gasto militar fronte as inversión en Educación, cultura…
  • Referencia as axudas para a vivenda que teñen os países nórdicos como modelo a seguir.
  • Recibimos información de xente que pide cartos no nome de Democracia Real Xa e desvinculamos este acto do movemento.
  • Experiencia persoal da compra-venta de pisos.
  • Proponse investigar as declaración de insolvencia da xente para non pagar debedas ou percibir axudas.
  • Que se respeten  no ámbito profesional os códigos morais e éticos de cada profesión como recolle a lei.
  • Referencia a manipulación nos medios de comunicación, xogando coa preocupación da xente para interese deles.
  • Enerxías renovables, consumo enerxéticos e biocombustibles e o dilema que crean,como solución proponse os pastos galegos.
  • O Consumo intelixente como forma de non intoxicarnos cos productos transxenicos.

martes, 31 de mayo de 2011

9ª ASAMBLEA 30/05/2011


1º Breve lectura sobre comunicado de DRY

2º Recordatorio: a partir dos próximos días haberá poñentes especializados en varias áreas.
. De comunicación e propiedade intelectual
. Macroeconomía, bancos e caixas
. Contratación pública e privada
  Por outro lado, comunícase que na próxima asamblea explicarase o que aconteceu durante este tempo noutras partes de España e do mundo, relacionado co movemento.
 Lectura do comunicado que se fixo de prensa sobre o desaloxo violento da asamblea de París. Decidiuse ir a Madrid a fin de semana para concretar puntos que se poidan levar ó parlamento.

3º Recordatorio da acta do día anterior.

ASAMBLEA


Orde do día:
  1. Informase que se constituiu una asamblea en Madrid para tódalas acampadas de España. Consiste en ir a máxima xente posible á asamblea que se fará en Madrid durante esta fin de semana.

Intervencións:
  • Deberíamos de tratar de mellora-la coordinación entre tódalas acampadas. Deberíase construir una estructura “horizontal” para ser todos oídos, incluso as localidades pequeñas. Centrar a reunión en que haxa comunicación horizontal.
  • Dende Granada saíu a idea da reunión de tódalas acampadas nunha soa cidade, por exemplo Madrid por ubicación xeográfica, para facer forza.
  • Proponse facer unha bolsa de propostas común ó territorio e presentalas.
  • Proponse ler as 8 propostas e tamén os mínimos
  • Os mandamáis, os daí arriba nos queren dividir, proponse comezar mellor por uns mínimos común a tódalas acampadas de España.
  • Proponse enviar tamén as propostas que acordamos ata o momento en #acampadacangas.
  • Todo é importante, non se poden poner unhas propostas por riba doutras.
  • Hai que ter tendencia a unificar e pidir algo concreto ó territorio nacional, non centrarse no local nen por comunidades.
  • Centrarse só nas que se poden cumplir. A xente quere resultados. Hai que comezar pasiño a pasiño.
  • Recóordase que o propósito é votar  e acordar primeiro se se envía representación a Madrid da #acampadamorrazo. Non hai presa, pódense pactar agora uns mínimos e seguir pactando.
  • En tódalas asambleas que se fixeron non saiu ninguna idea descabellada. Ata o momento todas son válidas. Pero hai que acordar uns mínimos e seguir. É unha carreira de fondo
  • Falan dun comentario ou declaración que fixo un señor que participou en maio do 68 (Francia). Di que as forzas políticas estaban esperando q que saira un líder para compralo. Os políticos e a xente poderosa teñen moitos medios para corromper ás persoas. Entón advírtese que non hai que deixarse ir tan despacio.
  • Advirten dun perigo por parte da dereita. Hai un intento de converti-lo movemento nun descontento, sen nada que proponer. Temos que ter ben claro que é o que queremos, se unha democracia representativa ( a que temos ) ou unha democracia participativa (onde o pobo participe, un obsectivo moi ambicioso).
  • As cousas de maior efecto son as de raíz, hai que golpear ó sistema económico.
  • Se se aproban as penas por corrupción os xuices van estar de parte dos políticos. Teñense que separar os poderes. Reivindicase ir a por todas, hai qu aproveitalo momento, pedilo todo porque ó mellor non imos ter outra.
  • Recórdase o acontecido co IGAPE estes días.
  • Hai que ter pillería, intentar ir a polos puntos que máis vote a xente. Proponse eliminar das propostas, por exemplo, a reducción do gasto militar, e retomalo máis adiante.
  • Se lle rebate ó anterior que se se lle explica ben donde van parar os nosos cartos e as repercusión que o gasto militar ten na sociedade, habería ainda máis xente a favor do punto de “recortes no gasto militar”.
  • Reivindícase a “separación de poderes”.
  • Proponse facer online  e non asistir directamente a Madrid.

Votación: queremos que vaian portavoces de #acampadamorrazo á asamblea que se realizará esta fin de semana en Madrid.  Todos a favor.
  1. Cantas propostas levar
    1. Intervencions:
      1. Lectura das 5 propostas (consenso de mínimos). Obxectivos para a obtención dunha Democracia Real Xa.
        • 1º Cambio da lei electoral.  (Votación: todos a favor)
          • . Comentan que a circunscripción única pode ser perxudicial para provincias pequenas. Galiza podería estar afectada.
        • 2º Lei de transparencia administrativa e política. (Votación: todos a favor)
        • 3º Dedicación exclusiva dos parlamentarios. (Votación: un voto en contra)                        
          • Coméntase que se aprobou xa noutra asamblea.
        • 4º As penas sobre a corrupción.
          • . Que se aumente o tempo de prescripción
          • . Comentan que cando saian do cárcere teñan que devolver o estafado. Hai que falar co comité de lexislación para consultar se é viable ou non. Falan tamén de que os cartos se meten en paraísos fiscais a nome doutras persoas. Este tema xa se debatiu e acordou noutra asamblea.
          • Exténdese o punto: Que os imputados en corrupción teñan que devolver os cartos defraudados ó erario público. Ademáis da conseguinte pena de cárcere.
          • Votación: equiparación da clase política co resto da cidadanía en tódolos ámbitos. Todos a favor.
        • 5º Mandato imperativo: que os cargos electos estén obrigados a cumplir co seu programa electoral. Votacion: todos a favor.
  • Lectura das 8 propostas iniciais
1º Eliminación de privilexios da clase política
2º Contra o desemprego
3º Dereito á vivenda
4º Servicios públicos de calidade
5º Control das entidades bancarias
6º fiscalidade
7º Liberdades cidadás e democracia participativa
8º Reducción do gasto militar

Votación.  Apróbase levar os 5 mínimos.
Votación : ¿Queremos levar as propostas aprobadas en asamblea  en #acampadamorrazo.? → Todos a favor.

Intervencións:
  • Comentan que o senado non serve para nada, deberíase elimar. A monarquía habería    que eliminala.
  • Suprimir os cargos inútiles.
  • España é unha monarquía parlamentaria. Así o establece a constitución
  • Calqueira proposta que saise nova se debería de votar.
  • Recórdase que o tema da “Monarquía” se aprobou anteriormente para debatilo en asamblea.
  • Proponse votar agora se é un tema para levar a Madrid a fin de semana ou non. Votos a favor: 34 ; votos en contra: 26. A proposta se debatirá antes de ir a Madrid.

FORO ABERTO:

Intervencións:
  • Civismo e respeto para mante-la unión.
  • Proposta de contabilizar votos nulos e brancos. Tamén os “non votos de conciencia” para que quede reflexado que o sistema non é o adecuado. Que o nº de xente que non vai votar quede reflexado dalgún xeito para que poidan indicar de porque non votan.
  • Hai moitas propostas para votar e tratar, e hai moi pouca xente.
  • Non somos anticonstitucionais.
  • En Cangas somos 25.000 persoas, pero non todo o mundo participa nas asambleas. Habería que atraer a máis xente para falar e dialogar, para xenerar debate. Hai que escoitar os demáis para poder ver se saen cousas novas.
  • Forma de traballar. Nos concellos hai plenos participativos. O final hai rogos e preguntas. Podemos enviar a algún representante de nós para informar. Tamén poderían acudir ás asambleas agún político. A participación é libre e voluntaria, e  se nos plenos non se lles deixa falar, que veñan aquí.
  • Idea para o tema da monarquía: que traballe máis e se gañen o soldo. Eliminar a diputación e as xuntas. Debería haber un gobernó central e poñer reforzos nos concellos. Así se acortarían moitos gastos, sen intermediarios.
  • Faise referencia ó comunicado de DRY. Non nos imos convertir nun partido político. Proponse designar a algunha xente (voluntarios) para que entren nas listas e ocupen un posto nos deputados para facer de vocais das asambleas. Non se debería de elimina-lo gobernó porque se traballou moito para conseguilo.
  • Personalizando as asambleas, as persoas se poden corromper. Os políticos teñen moitos medios.
  • Incídese que cando todo o mundo estivese representado non se necesitaría un portavoz (correo electrónico-complementario).
  • Hai xente que non participaría.
  • O gobernó debería informar sobre as leis que se están estudando e aprobando.
  • Debería haber unha revista ou periódico gratuito, no que se informara con linguaxe coloquial sobre temas do BOE. Sería accesible a todo o mundo (xóvenes, maiores…) e así a xente se implicaría máis.
  • Reflexión: non toda a xente ten acceso a internet e habería que informar de máis maneiras para ser accesible a todos.
  • Deberíanse de facer xuntanzas veciñis para trata temas, compartir ideas…
  • Capitalismo: moita xente, xóvenes sobre todo, teñen todo o que queren, por iso non lles interesan estes temas.
  • Hai unha mistura: por un lado nos venden que hai que ter unha boa tele, uns bos tenis, roupa…..vivimos nunha nube, pero tamén os políticos se aproveitan diso e deixan de informar. Non hai posibilidade de saber que se vai votar no congreso. Hai unha clara falta de vontade polo goberno en xeral.
  • Recórdase o acontecido en Barcelona e París. Chamamento a voluntarios.
  • A linguaxe dos libros de leis non se entende. Debería ser máis sinxela.
  • Habería que implica-los medios de comunicación. A TVG non ensinou nada das manifestacións. Os políticos queren que as persoas sexamos “peóns” e non pensemos.
  • Recordatorio da idea do voto electrónico.