sábado, 4 de junio de 2011

ACTA ASAMBLEA 03-06-2011

13 ASAMBLEA 03/05/2011
1º FORO ABERTO
 . MEDIOS DE COMUNICACIÓN
                PÚBLICOS           PRIVADOS
                               INSTITUCIÓNS ESTATAIS POLÍTICOS E SOCIAIS
                POBOACIÓN:    PERIODISTAS PROFESIONAIS – ANUNCIANTES
. Hoxe viu dar unha charla o periodista Juan Luaces.
                Está a favor dos dereitos de autor, cree que os familiares dos autores teñen todo o dereito de herdar as ganancias que sacaron súas cancións, publicacións… ó igual que calqueira persoa de a pe herde calqueira outra cousa (na súa opinión).
. Intervencións:
-          SGAE, copia dunha obra para uso privada  é legal. É un atraco a man armada. Crítica o cannon, que é un imposto adicional.
-          Experto: Non está a favor da gratuidade. Os autores non defenden a gratuidade. Non defende a SGAE porque funciona mal.
-          Xestión abusiva da SGAE
-          Telefonía que vende 10 megas e non son para ver o correo
-          Libros caros. Que proporción das vendas vai  para o autor. Sempre se vai preferir o orixinal, pero sale máis barato para quen edita e imprime.
-          Exp: Cos discos repártase unha parte entre a tenda, distribuidor, fábrica…. A promoción e edición cada vez é máis difícil. Agora hai moita autoedición, porque agora non se venden tantos discos. A promoción é importante.
-          A calidade é importante.
-          Exp: Non, a calidade da obra non vende. Como no caso dos periódicos que non son independentes, dependen dos anunciantes, son empresas. Os músicos poden ser moi bos pero necesitan estudos de grabación, un productor, etc; cousas caras que o músico non pode pagar. Todos eses gastos cárganse ó precio final do disco. No mundo discográfico hai 4 multinacionais inda que  a parte hai outras discográficas.
-          Os gastos son moitísimos, pero é como o debate da hostelería, se queren gañar 100,00€ venden un prato de 100,00€ ou 100 de 1,00€. Se os presos non son acordados ó nivel da vida, iso discrimina. A cultura hai que expandila. É necesario revisa-los presos para auenta-la expansión, que os artistas vendan.
-          Exp: Ás empresas non lles interesa a vertente económica. Nos libros e discos pídese que se rebaixe o IVA. En Francia defendese a cultura activamente. A cultura tamén se mediatiza, hai música de masas e outras que non se promoven como a clásica ou a tradicional. Hai que aumentar o nivel cultural deste país. Habería que promovelo. Hai que diferenciar entre consumo de masas e a calidade.
-          O problema é o modelo de negocio. Exemplo de modelos de negocio: spotify, que xeneran máis ingresos que a venda de discos físicos.
-          Exp: Eses novos modelos empezan a ser rentables agora, pero comezouse coa gratituidade en internete para atraer á xente e no futuro se comezará a cobrar.
-          O formato físico está obsoleto. Iso ás discográficas non lles gusta, por exemplo artic monkeys.
-          Estamos ante algo similar á revolución industrial. Traballos como o reparto en fugoneta de discos está obsoleto.
-          Exp: xa se verá.
-          As empresas están loitando contra internete.
-          Exp: A música foi a primeira en adaptarse, a continuación o faran cine e medios de comunicación. Todo o mundo invirte en internete. Pero internete non é a liberdade, acabará seguindo controlado como calquira outro medio.
-          Modelo de negocio dos peródicos en internete será necesariamente  poñelos de pago. Un modelo posible para prensa física sería periódicos sen publicidade. Ese é o modelo de futuro. Eu o compraría.
-          Escrito de Chowsky sobre manipulación dos medios.
-          Destaca a promoción da mediocridade de Telecinco. Tamén a importancia da educación no funcionamento dos medios. Hai que informarse de varias fontes e contratar. Nos medios téndese á opinión. Hai que distinguir entre información e opinión. Actualmente a xente busca que os medios lle dean a opinión que deben adoptar. Influencia dos lobbies. Conxuntos de persoas que pretenden influenciar en cidadáns e políticos.
-          Proponse facer un partido, a nivel galego ou local e ver “que pasa”.
-          Todo é manipulación.
-          Preténdese camiar o sistema, nonfacer ningún partido político.
-          Hai que ter conciencia crítica, a manipulación sempre vai estar ahí.

ASAMBLEA : MEDIOS DE COMUNICACIÓN
                1º Todo cidadán ten dereito a recibir unha información veraz e independente (obxectiva). Que se garanticeunha medición de calidade e ética que anteponga o interés xeneral e os dereitos da cidadanía a recibir unha información veraz e fidedigna.
                . Deberíase garantir o dereito á información mediante a regulación do periodismo e a súa independencia.
                Intervencións:
                . En vez de facer unha asignatura sería mellor informar doutra maneira, mediante charlas por exemplo.
                . Poden ser charlas, actividades informativas en colexios….       
                               Votación: Todos a favor.
                2º Millora-las condicións laborais dos periodistas, as actuais son moi precarias.
                               Intervencións:
-          Un periodista debería ter un soldo como todo o mundo, nin máis alto nin máis baixo.
-          Sufren precariadade laboral.
-          Deste tema xa se falou noutra asamblea, acordouse cobrar segundo categorías profesionais.
-          Os periodistas en situación precaria fai cousas no seu traballo que seguro que non lle gusta pero…. “é o que hai”. Están moi presionados.
-          Proponse quitar/eliminar este punto. Votación: todos a favor.

3º Control ou spresión dos “Lobbies”
                Intervencións:
-          É moi complicado fcelos desaparecer, sería mellor que se controlaran dalgunha maneira.
-          Non todos os lobbies son malos.
-          Cando a cousa vai mal, os darriba saben calmar ás masas (ex: touros, festas nacionais, etc)
-          Poderíanse controlar facéndoos públicos.
-          É un tema moi complexo. Proponse debatilo noutra asamblea ampliamente.
-          Debería haber máis control para que se mantiveran no límite da mentira, da manipulación. Habería que formar comisión ou organimos que controlaran ós medios de comunicación defendendo a “non manipulación”. Pero logo quen controla ó controlador?
-          É bo que haxa periódicos de tódalas ideoloxías, somos nós os que temos que discernir cal é o mellor para nos, comparar moito e sempre dende o punto de vista da obxectividade (PLURALIDADE). Hai liberdade de expresión. Nós somos os que decidimos q que é xusto ou non.
-          O que non se pode consentir é a mentira.
-          Hai cousas que son certas e cousas que non. Deberíase ter control con xente de varios ámbitos.
-          Puntualización: As persoasque fagan o control van ser subxectivas porque teñen as súas propias ideas.
-          Cree na liberdade do indivíduo e na educación.
-          Hai manipulación ata na historia. Non todos temos a mesma ideoloxía nen a mesma forma de ve-la vida. Canto maáis control teñamos menos libres imos ser.
-          A liberdade de expresión está clara, hai que controlar os abusos. Hai que discernir se nos están enganando ou non. “Unha mentira repetida un millón de veces acaba convertíndose nunha verdade”.
-          Hai novas  que levan a engaños.
-          Que emitan un informe, que haxa algún tipo de control
-          O tribunal tería traballo tódolos días! Xa existen organismos de control para todo, pero non teñen consecuencias legais ou punitivas sobre os medios… non solo son os medios os que manipulan, tamén poden ser as fontes. É moi compricado controlalos medios. Sería interesante un consello de sabios pero sería arriesgarse tamén, non sabemos que resultado darían.
-          Consellos para a regulación da TV, xa hai pero ainda que se puider multar estas son máis económicas qu o que reciben. O negocio xa está feito. Ainda se gañaría máis publicidade. Os contidos en horario infantil non cumpren a normativa. Somos nós os que educamos ós nosos fillos, non se pode ocultar unha parte da sociedade. Temos que influir en que os nosos fillos sexan educados para saber o que teñen que dicir…hai moitas formas de pensar que non son como as nosas. Exemplo: Chavez cos medios de comunicación. A liberdade de expresión fainos libres.
-          Os medios están monopolizados. Os medios principais están moi financiados polos partidos, e están nunha posición desigual.
-          Cada un ten as súas ideas e temos a cabeza para discernir. Seguro que se houbera un consello regulador habería unha voz cantante. Basta de comprobar dous medios de comunicación de ideas distintas.
-          Non hai penas por manipulación mediática porque está máis ben dirixida á opinión. Debería ser controlado. A propia sociedade rechaza cousas pero ó mesmo tempo as apoia porque as ve se a xente estivera mellor educada rechazaría isto. O problema é como controlalo.
-          Os periodistas non teñen control sobre nada. Non teñen lierdade de expresión. Habería que reforzar coa lei laboral unha que lles ampare.
-          Proponse non debatilo punto. Seguirase debatindo.

4º Medios de comunicación local e formas de promociónalo
-          Proponse que a asamblea en sí é un medio de comunicación. Poderíase crear unha revista.

Fin da asamblea. Recordatorio de actividades para o día seguinte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario