lunes, 27 de junio de 2011

Reunion asamblea. 27/06/2011


Reunion asamblea. 27/06/2011


1.       Relativo a facer mais atractivas as asambleas e que veña mais xente.
-          Anuncias as asambleas e as actividades. Mediante información activa; con escritos que se puedan distribuir mediante flyears, buzonazo; falar con xente por a rua, os barrios… Anunciarlas por megáfono una o duas horas antes.
-          Facer diversas actividades antes ou despois de cada asamblea. Facer performances de humor ou teatro sore o tema a debatir, ou actividades que no tenan que ver con el tema como conciertos.
-          Facer actividades con nenos, talleres, que axuden, eduquen e atraían a xente.
-          Facer asambleas secundarias e rotativas, noutras localizacións diferentes a acampada ou puntos de información, aproveitando as actividades de información activa.
-          Intentar dar de saida as propostas que la xente fiso directamente no buzon de suxerencias.


2.       Relativo a organización do traballo do comité de asamblea.
-          Tener presente e usar o máximo os dous novos correos de asamblea:
-acampadamorrazo.asamblea@gmail.com (Correo para recibir información de fuera da acampada ou de otros comités)
-asamblea-acampadamorrazo@googlegroups.com (Correo para que se comuniquen os membros de comité asamblea entre eles)
Estes correos axudaranos a organizarnos millor, a organizarnos máis rápido e a dar a posibilidade de traballar máis eficientemente dende casa.

-          Espaciar as asambleas. Pasar de facelas una por semana a facelas cada 15 dias.
Asi haber amáis tempo para preparalas, podendo relizar unas asambleas máis preparadas e coa información máis traballada.

-          O tema a tratar para asamblea da semán que ven será a Reforma da Lei Laboral.
Hai que contactar cos representantes dos diferentes sindicatos.
Datos do número de empregados antes e despois da reforma laboral.

martes, 21 de junio de 2011

Acta reunion de comites 20/06/2011

Reunión Comités 20/06/2011

. Recordatorio de normas xerais de comportamento na acampada.
Debatiuse e acordouse que:
-         é mester interiorizar e cumplir as normas de convivencia, as normas de funcionamento da asamblea, foros de debate e reunións de comités. É necesario mater as formas e o respeto, e facer as críticas de foma obxectiva.
Para millorar a convivencia e organización do grupo recórdase que é necesario que funcione a rotación de tarefas. Dase a opción de crear contas de correo google-groups para a comunicación de cada comité e usar a rede social n-1 (é unha rede propia do 15M)
Acórdase que se farán charlas nalgún momento sobre o funcionamento de google-groups, google docs e rede social n-1.
Recórdase que temos que tender a unha organización flexible, onde todos podamos participar en todo, pero intentando manter unha orden dando cada un prioridade o seu propio comité.

. Apoio e información ó punto de información – foro de debate de Bueu.
Debatiuse e acordouse:
-         unha serie de voluntarios acudan a Bueu de vez en cando, especialmente os martes que fan a súa asamblea para darlles apoio, información e consello. En principio as súas actividades estarán coordinadas coa #acampadamorrazo. Os voluntarios son: Paco, Humberto, Jose, Mari e Miguel.

. Creación dun punto de información – foro de debate en Moaña.
- Voluntarios: Lucía, Juanra, Juan, Juanillo, Tonio, Cara, Ana, Chey, Dani, Iván.
  A reunión acorda que este grupo decidirá como e cando comenzar a facer o                     punto de información – foro de debate en Moaña.

. Relativo ó posible levantamento da #acampadamorrazo.
-         Acordouse que non se ía levantar a #acampadamorrazo. Falouse de que chegará o momento en que haxa que levantala, pero de momento é moi necesaria, porque temos que afianzar ainda moito a organización do grupo, afianzar as actividades de información activa polos barrios e afianzar os puntos de información – foros de debate de cada concello.
-         Propúsose que no momento en que se levante a acampada habería que buscar un local público, que nolo prestara o concello.
-          Acordouse que non se volvería a sacar este tema a debatir ata que houbera moita xente que así o reclamara.
-         Votouse: todos a favor de non levantar a acampada polo momento.

.  Fálase de que é moi necesario manter as actividades de información activa nos tres pobos e nas súas parroquias, e aclárase que apoiar e manter os postos de información en cada localidade axudará a realizar esta actividade.
            Tamén se falou que hai que informar de que existen autorizacións para que os menores poidan participar neste movemento.
            Propúxose crear contas de google-groups para cada punto de información – foros de debate de cada concello.


. Reorganización da asamblea.
-         Reorganización do funcionamento: elebrarase un foro de debate unha vez a semana en cada punto de información – foro de debate de cada concello. Estarán coordinados, tratándose o mesmo tema nos 3 concellos. As propostas obtidas en cada foro de debate levaranse á asamblea xeral do Morrazo.
-         Temática da asamblea: intentarase tratar con prioridade os mínimos consensuados en toda España, sen esquencer outros puntos de actualidade importantes. Buscarase información útil xa traballada doutras acampadas.
-         Proponse que os mínimos xa votados en asamblea non se volvan tratar. Tamén se falou de que os temas moi amplos se subdividan por apartados.
-         Fálase de que temos que ter un equilibrio entre ter propostas nacionais e locais. Os dous tipos de propostas son necesarias.

. Reorganización das actividades da semán.
-         Falouse de que non son necesarias actividades cada día e debemos ser máis selectivos  coas charlas que se dan e intentar gañar en calidade.
-         Intentar facer horarios para coordinar as charlas entre os diferentes concellos.
-         Explotar máis o audiovisual. Facer un día a semana.

. Varios:
-         Facer unha acción coordinada co resto de Galicia sobre a tasa Tobin. Proponse intentar quedar en Santiago, e se non se pode facer algo máis local.
-         Falouse de facer”iniciativas legislativas populares”
-         Proponse contactar a nivel xurídico co resto de acampadas.
-         Recórdase a iniciativa da Marcha popular en apoio o movemento.
-         Fálase sobre a banca ética.




viernes, 17 de junio de 2011

Acta reunión de Comites 15/06/2011

Reunión de Comites 15/06/2011. 20 horas.
 
Orde do día.
 
* Temas relativos a manifestación.
 
- Xente para manter a seguridade.
Explicase que sera xente que manteña o respeto dos participantes hacia outras persoas e o mobilario, e que leve consigo copias dos permisos que se lle pediron a Subdelegación de Goberno, para mostrarllos os policías en caso de que estes asi o  reclamen.
 
Debatese.
 
Ofrece alguén voluntario?
Cesar, Unberto, Brais, Juanillo.
 
 
- Información Activa sobre a manifa, centrada no INEM e nos institutos?
Falase. Nos institutos, non se debe ir a estudantes pequenos (de 16 anos pra abaixo).
 
Ofrecese alguén voluntario?
 
INEM: Sandra e Rubén.
 
Instituto de Rodeira: Sito.
 
Institustos de A Paralaia e As Barxas: Juanra e Tonio.
 
Falase de apoiar máis os de Bueu, e de que fai falla pegar máis carteis en Cangas.
 
 
- Realización de Performance durante a Manifestación.
Abrese o debate. Acordase que non se faran performance. Alegase que poderiamos confundir os participantes.
Acordase qie aquel que queira pode ir vestido de domingo (non somo perro-flautas, risas).
 
- Organización do acto de clausura.
Abrese o debate. Acordase que o acto sera claro e conciso.
O remate da manifestación, e o chegar enfronte o Concello de Cangas, leerase un único manifesto, de varias partes e con lector/a rotativo/a.
O manifesto farase integrando os escritos que as diferentes persoas queiramos facer, e sera, propio, claro, breve e pasional, incluindo como foi a evolución do grupo, que isto é unha actividade revolucionario de a longo prazo e que por iso estamos indo con unha calma relativa.
Aclarar que as acampdas principais que se levantaron en diferentes cidades, foron trasladadas e divididas en asambleas polos barrios.
Aclarar cales son os noso obxectivos, e que se fai cos puntos acordados en asamblea.
 
Despois da asmablea, se a legalidade o nolo permite, celebrarase unha chourizada con gaiteirada.
 
 
- Acordase celebrar outra reunión para o dia sábado 18/06, as 18 horas.
Nesta reunión tartaranse temas como:
- Reorganización de como orientar e realizar as Actividades da Semán.
- Reorganización do funcionamento da asamblea. (Suxerencia: Tratar xa os mínimos, collendo información xa preparada en Madrid sobre ese tema)

jueves, 9 de junio de 2011

Reunion de comites 7/06/2011 | 8/06/2011

Reunion de comites 7/06/2011 | 8/06/2011

A reunión ac orda:
-E  nec esario me mellorar a coordinación entre comités. Acordase facer un corcho de notas con tareas a facer cada dia con cores distintas para cada comité.
- Para o dia da toma de posesión do Sabado 11 de Xuño:
·         Acordase organizar actividades e anunciase nas asambleas que todo aquel que quera sumarse as actividades pode facerlo, presentándose as 10:30 en la acampada Do Morrazo (parque da palma, enfronte o concello de Cangas). Nese momento organizaranse os grupos para ir aos tres concellos (Cangas 11:30, Bueu 11:30,  Moaña 12:30)
-Para a manifestación do dia 19 de Xuño:
Acordase que celebrarase unha manifestación no Morrazo. Sairase as  19:00 enfronte o concello de Cangas e irase ata o rotonda do mexilón onde daremos volta, e finalizaremos en fronte o concello de Cangas, celebrándose un acto de clausura.
No relativo a realizar información activa no Morrazo:
·         A información activa é algo prioritario e urxente na acampada do Morrazo e para isto realizase o seguinte esquema de traballo:
Dividindo as actividades en: Actividades PASIVAS  e actividades ACTIVAS.

ACTIVIDADES PASIVAS: Consistiran en distribuir folletos e escritos en buzóns,locais…

ACTIVIDADES ACTIVAS: Consistirá en organizar reunións con colectivos,institutos,asociación veciñais,grupos de traballadores,e a organización de actos en lugares concurridos tales como mercadillos,portos…

·         Acordase que se organizarán acerto ividades de información activa por tódolos barrios do Morrazo.Os voluntarios son os seguintes:
-En Cangas:  Marina,Carlos,Iria,Ely,Berto y Sito.
-En Bueu: Cesar,Brayan,Adrian,Ruben,Sandra.
-En Moaña: Dani,Juan,Jorge,Elena,Maira,Tonio.


CHARLA INFORMATIVA: BANCOS, CAIXAS, MACRO E MICROECONOMIA (04/06/2011)

CHARLA INFORMATIVA: BANCOS, CAIXAS, MACRO E MICROECONOMIA (04/06/2011)
Exposición:
    . Neoliberalismo – Teoría económica que segue o sistema económico actual.
        Dende pequenos se nos educa nunha serie de creencias e valores que nos fan crer que hai unha sociedade inamovible, que nos temos que  adaptar a ela. Fora do capitalismo din que non existe outra vida. Non interesa a sociedade. Cita a Eduardo Galeano.
        O sistema fainos crer que os economistas son os que gobernan e entenden. Cada vez que falan de micro e/ou macroeconomía está feito para os que entendes e iso non é verdade.
        Transformación galopante do sistema actual a partir dos anos 80. A filosofía do Neoliberalismo foi creada polo premio nobel de economía Friedman. Premisas:
    . O estado e todo o que o incunve é malo. “Mercado bo / estado malo”. Presionan para que todo se privatice. Fan que se vendan todos os activos para amortiza-la deuda. Serve para desfacerse de todo o público. En sanidade hai listas de espera intolerables, quérese privatizar todo. Unha vez que se privatice todo so poderán estudar as persoas con alto poder adquisitivo. O mesmo pasará coa sanidade.
    . Os bancos reúnense para que non haxa control sobre eles. Cando se privatizan as empresas públicas so son os catro de sempre.
    . Fenómeno de “Acumulación da riqueza”. Isto favorece ás clases sociais máis altas. É unha fiscalidade regresiva: fai que as clases sociais máis baixas o padezan. No ano 1983 comezouse con este tipo de fiscalidade en EEUU  donde 31% da poboación posuía o 37% dos bens patrimoniais, sete anos despois, no 1989, só o 1% da poboación era o que controlaba o 37% destes bens. Menos do 1% acumulan as riquezas do país. Fiscalidade regresiva: hai que pedir unha fiscalidae progresiva: p.ex. se gañas 100 pagas 1, se gañas 300 pagas 6.
    . FMI: serve para acudir a rescates. Cando se producen eses rescates é para favorecer ós inversores. “Rescatan ós ricos dos países pobres”. Internet serve o capital, ó mercado. A maioría das operacions monetarias fanse por este medio. Estes cartos non se poden controlar. Búscase unha trampa para que o estado non poida poñer unha traba. “O cambio de divisas da rede nun día é superior ó PIB de Alemaña nun ano”.
    . Quen manda son os mercados.
    . Deterioro do emprego. O traballo seguro en España non existe e a xuventude nunca vai coñecelo. A informática derivou á robótica polo tanto o operario sobra. Por exemplo, en EEUU dende 1940 ó 1990 coa producción total dupricáronse os bens e servicios, senembargo, do ano 1991 ó 1994 aumentou a producción ainda máis pero perdéronse 300.000 postos de traballo. Calquer peroa maior saben que nos bancos traballan, máis ou menos, o mesmo número de empregados, senembargo o número de operación dupricáronse (caixeiros automáticos, internete…). A robótica fai dunha persoa algo prescindible.
  
    . O traballo público – as oposicións – son un enganabobos. O fan para que a xente se aferre a algo, fai de “carnaza do pobo”, ademáis que é un auténtico fraude. Neste momento deberíamos ser máis ricos porque producimos máis pero hai “poboación sobrante”.
    . Non se quere nen explota-la xente porque sobra.
    . Somos a xeración máis preparada pero sen opcións de futuro laboral.
    . A globalización económica implica a globalización do comercio e a globación do consumo. Non existe tal crise, cada vez se xenera máis riqueza pero sufren, como sempre, as clases máis baixas.
    . Preveese que é a nosa xeneración vai ser a que vai vivir peor, peor que os nosos país. Os xóvenes teñen a doble de posibilidades de sufrir problemas de saúde relacionados coa psicoloxía, obesidade… o modelo social ó que imos encamiñados é ó de EEUU, onde hai 30 millóns de persoas “encarceladas” nas súas vivendas porque teñen edo. Hai 22.000 mortos anualmente. Ese é o modelo ó que imos encamiñados: obesidade, depresión, violencia, homicidios…
    . No Nepal fan a “Tasa Bruta de Felicidade”, consumen moitísimo menos que Europa, e son moito máis felicides.  Os países emerxentes  pagna un prezo moi alto para estar como están: violencia, asaltos, roubos….
    . Solucións ó capitalismo: no maio do 68 o slogan era: “Non sabemos o que queremos pero TEMOS MOI CLARO O QUE NON QUEREMOS”. Para isto é imprescindible que haxa unha educación de calidade e gratuita e non perder a sanidade pública, e outro punto importante é que a banca debería ser tamén pública, xa que actualmente está controlada polos partidos políticos. (cando alquilas el culo no cagas cuando quieres)
    . As caixas e os bancos xogan cos nosos cartos á ruleta. Invirten en productos de alto risgo e o perden todo!. Deberían opositar e ser cargos públicos cos estudos correspondentes.
    . Habería que recuperar a “Enerxía”, que fose “pública”. Non pode estar en máns privadas, é moi perigoso porque se nos pode coartar a liberdade de movemento. A auga dos estanques e ríos é de tódolos cidadáns.  En Alemaña xa firmaron para pechar as centrais térmicas-nucleares, en España nada! Tiñan que estar xestionadas polo estado, ser públicas.
    . Fiscalidade de tipo europeo: habería que impor uniformidade nos impostos cun defensor da UE. Habería que conseguir a unión dunha Europa social. O IVA, IRPF…se debería de abonar de forma progresiva segundo as clases para toda Europa.
    . O gasto militar é un gran problema. Grecia, por exemplo, destina un 7% a exército e armas, recordemos que está sendo rescatada! E España gasta entre un 3 e un 4%. Isto e´aberrante e nefasto, pervivimos nunha sociedade medieval. Dende nenos nos educan a que temos unha patria, un rei, un exército e en crer en Dios! Estes gastos deberíanse destinar a ter mellor sanidade e educación. (En Costa Rica non teñen exército)
    . Non se lle da ningún tipo de valor ós gastos militares. Costa máis un avión militar (que non serve para nada) que un hospital en Santiago!
    . Cando se di que non hai cartos o hai para os de sempre! Moita xente creente está dacordo. Co IRPF se recaudan 250 millóns de euros. Estímase que se lle da a igresa entre 6.000 e 10.000 millóns! Mentres que os soldos dos funcionarios son sobre 3.000 millóns! Ademáis, a igresa (negocios) están exentos do IVA, do IBI…porque se di que son unha fundación sen ánimo de lucro! Pero senembargo é a principal empresa hosteleira deste país! Os mellores restaurantes de Santiago pertencen á igrexa…teñen montado un negocio no que recaudan por bodas, bautizos, misas, convenios con floristas e fotógrafos…..pequenas rapiñas que dan unha cifra de volumen sensacional, maior que Inditex ou Telefónica. Non se pode entender porque pasa isto, pero a igrexa ten algún medio de presión, seguro.
    . Referento ó noso monarca, cobra 8 millóns de euros anuais, pero nos custa moito máis: militares adscritos á casa real, 2 fragatas, milleiros de policías que se desprazan con eles, coches oficiais…..todo isto ven sumando sobre 100 millóns de euros, que saen do erario público. Nola meteron dobrada coa constitución. Non se nos deu a elixir entre monarquía ou república. Seguimos unha institución medieval que contradí á constitución.
    . Anécdota: na corte, os músicos que traballaban para eles (Bethoven) dixo unha vez tirando unha estatua dun príncipe: “vos sois el que sois por suerte del destino pero o por lo que me lo he currao”.
    . Deberíase acabar co senado e ca diputación, é unha duplicidade. Poderíanse fusionar municipios, pero ós políticos non lles interesa.
    . Tamén está en contra de que os partidos políticos financien ós sindicatos. Éstos, na actualidade, son institucións atadas, non poden actuar porque están comprados.
    . As fundacións non se deberían de pagar co erario público. Totalmente contrario. O estado de autonomía duplicouse. Hai que acercar a administración ós cidadáns.
    . Decrecemento económico: baixo ningún concepto un plantea finito pode medrar de maneira infinita. Hai informes sobre a situación do planeta, e ten uns límites de crecemento. A demografía, os recursos, a contaminación, os modelos de crecemento viables e inviables….todo isto inflúe no decrecemento económico. A tecnoloxía actual fainos ser máis felices consumindo máis. Investiguemos sobre a economía do decrecemento. O que ocorre é que o capitalismo precisa crecer porque se non crece entra en crise. Para o planeta esto si é un problema. Nos leva a baixa-la calidade de vida.
    . Sobre a irracionalidade: fai 7 anos Greenpeace protestó en Vigo. O barco foi asaltado por un sindicato (liberados) o grito : mercenario quen vos paga. Ese ano houbo unha lei que as pontes de García rodriguez puxera uns filtros para contaminar menos, estos liberados convenceros á xente para que se puxera en contra.
Hai que crecer máis dun 5% PIB para dar emprego.
A favor da tasa tobin: que se aprique
Tasa al uso para vivenda: a partir da 3ª vivenda pagar un imposto de luxo.
    . INTERVENCIÓNS:
A favor do euro, podería ser a solución de Grecia que se volverá á anterior moeda? E en España coa pseta?
Cando existía a peseta, o que se facía era devaluala: aumentábamos o turismo, co euro xa non é posible. Non se pode facer política “particular” porque xa entramos no euro e recibimos axudas (cartos) xa fai 20 anos. En Gran Bretaña non teñen o euro pero non están moito mellor ca nos.
Que repercusións terán as revoltas no mundo árabe para con Europa?
Nos traémonos o petróleo e a eles lles damos almún medio….pero oscartos se volven para aquí dalgunha maneira. En Marrocos a sociedade está totalmente controlada. O rei, cando comezaron as revoltas, reuniuse en Francia para saber que ía pasar con el. O que están a sufrir nese país é unha dictaduras durísima. Hai infiltrados nas células. O rei ten o poder absoluto de todo o país. A España e Francia lles interesas que isto sexa así porque son socios empresariais, e a xente como está asustada pois non reclama o que lle pertence. Así que este país tiña que explotar e gracias a internete a xente está moi informada. A realidade é outra, moitas persoas nos países árabes son antimonárquicos, ateos, antisistema… isto dará pe a un cambio radical da sociedade porque son países moi ricos que viven na indixencia. A España seguro que nos ignorarán.
Como será despois de habelos rechazado?
Europa so vai por intereses económicos. É un tema moi complexo e a previsión sería moi complicada. Os que nos preocupaban antes eran os extremistas (sistema totlitario) pero quedaron de lado coas revoltas. Hai moitas persoas que, debido ós seus estudos, se desvincula destes movementos. É imprevisible realmente o que pode pasar. Se loitan polo noso sistema de democracia van mal porque temos unha dictadura dun par de partidos.  A concentración de poder e economía nestes países é brutal.
Comenta que en Exipto a revolución funcionou porque hai sindicatos moi importantes e fortes que xa estaban exercendo moita presión. Gadafi propuxo unha banca “nacional” e quería unha banca “africana” totalmente independente de Europa e do resto dos países. Outra cousa tamén foi a ilegalidade da ONU en intervir.
Os sindicatos fan falla contra o poder, o que non deberían é de estar subvencionados por partidos políticos. Por outro lado, non todo é malo nos países árabes. Gadafi opúsose a occidente, ós cidadanos non se nos pregunta. Libia, por exemplo, permítese ter 2 millóns de traballadores foráneos porque teñen moita producción de gas e petróleo. Hai que defender un tipo de sindicato que non se financie con cartos do estado.

FORO ABERTO:
- Somos moi hipócritas co tema da deslocalización das empresas, todos consumimos “marcas” de tenis e de roupa que se fabrican no tercer mundo. Nós nos enriquecemos a costa de que outros países sexan  pobres.
- Breve inciso para falar sobre a reunión en Vilagarcía. Puntos que se trataron.
- Recordatorio: as asambleas van ser só os venres as 21:00h, e durante o resto da semana daranse charlas relacionadas co tema principal que se debata na asamblea.

¡MANIFESTA A TÚA INDIGNACIÓN!

miércoles, 8 de junio de 2011

Acta 08/06/2011

CHARLA INFORMATIVA: DEREITOS DOS ANIMAIS  (08/06/2011)
POÑENTE:  JULIO ORTEGA FRAILE
. Delegado de LIBERA, ILP que conseguiu abolir os touros en Cataluña.
                O movemento do 15M é un lugar adecuado para tratar sobre este tema. Os animais tamén sufren.  En España a situación dos animais é un drama. En Austria están contemplados na constitución. Hai un defensor dos animais por provincia. Dende pequenos, por negocio ou debersió, ensínannos a ser así. Son suxeitos de dereito. O actual gobernó, na campaña, incluíu os dereitos dos animaís, e logo, mentres goberna, din que é competencia das autonomías. Nolo venderon moi ben e logo pasan do tema. As seguintes xeración terán vergoña de nós. Os gobernos non van facer nada. Teñen que cambiar as persoas. O consideran coma un negocio. Fai falla ser solidario con tod@s e cos animais. Hai que intentar, por exemplo,non comer carne de terneira branca, non comprar pieles, non contribuir a ese negocio. Pódense escribir cartas de rechazo, ir a manifestación, non se pode bandorna, non hai que ignoralos: O IMPORTANTE NON É SE PODEN FALAR, É SE PODEN SUFRIR”.
                Repito que os nosos descendentes nos verán como unha xeración cruel. Un particular non pode vender, por lei so poden vender os criadores, senembargo non se lles castiga, igual que cos abandonos, sacrificios… os concellos teñen partidas presupuestarias para as protectoras. Poderíase crear unha nova protectora no Morrazo, mancomunada. Deberíanse esterilizar a tod@s e poñer o microchip, tería que ser obrigatorio.
                O maltrato animal non está castigado, son faltas leves, sancións administrativas. Deberían haber campañas de educación e formación. Por exemplo, en Cangas non poden asentarse circos con animais. Nestes sitios os animais son maltratados con descargan, pasan días sen comer, sen auga….
                O negocio do tráfico de animais, as probas repetitivas para medicamentos…. Hai métodos alternativos para experimentar pero non compensa porque detrás dos animais hai un mercado negro atroz.
                Os zoolóxicos tamén incumplen as leis, os animais non viven no seu ábitat, están presos…. Nos festexos con touros  xustifícanse dicindo que é unha maneira de expresala identidade, que é un arte! As corridas de touros as pagamos todos, saen dos nosos impostos. Sábese que estas festas son deficitarias, pero reciben moitísimas subencións para que as disfruten os máis ricos.
                Póñense fotos explícitas de maltrato animal.

www.liberaong.org

martes, 7 de junio de 2011

Acta 07/06/2011

CHARLA INFORMATIVA: BIOCONSTRUCCIÓN E VIDA SUSTENTABLE  (07/06/2011)
POÑENTES:
A bioconstrucción fundaméntase en casas ecolóxicas para que se integren co medio ambente. A ciencia que estudaría todo isto sería a Xeobioloxía (terra + vida). Estúda a reacción entre os seres vivos e a terra, e as enerxías que inflúen nos seres vivos.
Antigamente nos movíamos co instinto, o que nos levaba a percibir cousas que agora non. Gañamos en intelixencia, pero perdimos o instinto. Con máis instinto que intelixencia (como os animais) poderíamos percibir cambios magnéticos, enerxías que veñen do cosmos, enerxías terrestres…
Culturas ancestrais coma os celtas, colocaban as “mámoas”, que son monumentos funerarios ou tumbas, en sitios onde percibían “algo”. En Francia o mesmo ocurría coas aliñacións de Carnac, colocando pedras en liñas que coincidían con correntes subterráneas de terra. É importante elixir o sitio onde construir a vivenda. Se a ubicásemos en sitios como estes nos afectarían dunha maneira moi forte, así que temos que buscar sitios separados de liñas de augas subterráneas xa que están afectadas radiactivamente. A terra libera esas enerxías e as pon en contacto co cosmos. O mesmo ocorre coas fallas xeolóxicas. Aflora toda a enerxía que hai no fondo. Todas as civilización que poboaron a terra tiñan diferentes métodos para elixir a vivenda ou a terra onde quedarse. Os nómadas do deserto, por exemplo, deixaban que se deitaran os cans, e alí onde o facían éstes montaban as “jaimas”. Os Romanos escollían sitios protexidos, con auga, e facían unha cerca con gando. O deixaban ali durante un ano aproximadamente e logo os sacrificaban para mirar as vísceras. Se o fígado estaba san, quedábanse alí. Os indios nómadas tamén deixaban que os cabalos se deitasen e alí o facían eles tamén. En China, existen documentos que din que había un emperador que non deixaba facer casas se un zahorí non daba un informe positivo sobre o sitio.
En todo o globo terráqueo existen liñas eléctricas que van de polo a polo e en sentido contrario, separadas sobre 2,5 metros entre si, unhas positivas e outras negativas. Os cruces destas liñan xeneran varias cargas, e as peores son as positivas. O primeiro que se busca encuadrar sempre é en zonas neutras (+/-). Para detectar todo isto hai aparatos e tamén persoas. Nós, cos nosos instintos, podemos atopar estas liñas, recuperando a sensibilidade que tíñamos antes de ser tan intelixentes. Un zahorí cunha rama pode atopar auga. Todos somos enerxía e cargas eléctricas. Por exemplo: as igrexas sempre son frescas, e sentimos moito frio dentro. Santiago de Compostela está cargado enerxéticamente. As peregrinacións, de feito, sentíanse atraídas. A arquitectura sagrada dos templarios era extraordinaria. Por exemplo, cando construían as rochas das canteiras, cando chegaban ó enclave as colocaban exactamente coa mesma orientación que tiñan na canteira. As liñas dos arcos eran dunha maneira que , o pasar por debaixo deles sentíase paz. É coma se nos curase entrar por eses arcos. Estaban colocados en puntos neutrais.
. La red Harman: Se trata de una red invisible, de una cuadrícula de energía que envuelve todo el planeta y cuyos cruces pueden resultar negativos para la salud. Tan negativos como las fallas geológicas, las corrientes telúricas o de aguas subterráneas o la propia radiación generada por la electricidad natural. Sería un poco la red de líneas de fuerza del campo electromagnético terrestre. Hay una retícula global de decenas de metros que varía según en qué lugar nos encontremos donde tenemos como una pared de energía, donde se condensa este electromagnetismo y de hecho con voltímetros de alta sensibilidad y con galvanómetros pinchando sobre los cruces de líneas Harman. Sobre las zonas neutras vemos que la conductividad terrestre varía.
¿ Qué ocurre Cuando una persona pasa muchas horas seguidas sobre un cruce de estas dos líneas?
Está recibiendo una dosis superior de electromagnetismo terrestre y eso, sin más, no tenia porqué tener mayores consecuencias pero cuando a todo ello se une el electromagnetismo artificial, líneas de alta tensión, aparatos eléctricos etc.,llega a superar la capacidad del cuerpo de reequilibrio.
                Algunos de los puntos que deberemos tener en cuenta en este sentido son:
  • La casa debe de estar alejada de líneas de alta tensión y transformadores. Elementos ambos productores de potentísimos campos electromagnéticos.
  • Debería de evitar la cercanía de zonas industriales por la contaminación que representan.
  • Hay que tener en cuenta también no situar la edificación sobre, fallas geológicas, corrientes subterráneas y en general los elementos que generan campos magnéticos más altos. (magnetismo natural).
  • Evitar zonas con alteraciones telúricas.
Estos elementos son físicamente cuantificables mediante diversas técnicas y aparatos como el geomagnetómetro, el medidor de radiofrecuencias o el contador geiger. (Recomendación de asistencia de un profesional).

Dentro de la casa

Nuestra casa es uno de los sitios en los que más tiempo vamos a permanecer de una manera constante. Es por esto que a la hora del diseño y organización interna de los espacios de la casa el estudio geobiológico es importante. Mediante este estudio podremos tener un criterio para organizar las estancias en función de su futuro uso. Estancias de descanso, estancias de trabajo etc. Merece un cuidado especial el tema de la habitación de descanso. Algunos de puntos a tener en cuenta son:
  • La cama debe de estar orientada al norte magnético.
  • No debe de estar situada sobre fallas geológicas o corrientes subterráneas.
  • Debemos tener en cuenta la presencia de líneas Harman.
  • Evitar situarla en zonas con alteraciones telúricas.
  • Evitar la proximidad de aparatos eléctricos a la cama, como radiodespertadores o equipos de música. Hay que tener en cuanta que estos generan campos electromagnéticos aún estando apagados.

A bioconstrucción engloba moitos puntos:
                1º O sitio onde construimos. “Alteracións telúricas”.
                2º Materiais: que sexan o máis locais posibles, renovables, diseño do espazo analizando as necesidades reais, isto é espazos máis pequenos para reducir o consumo. Trátase en sí de que os materiais sexan sáns, naturais, para que a casa respire.
                3º Construir de maneira ecolóxica: cadea de traballo, reinvertindo, influindo  no noso entorno.

Pasamos a unha breve explicación acompañada de imaxes sobre o proxecto e construcción dunha casa “ecolóxica”.
. Permcultura, bioconstrucción… é tan lóxico que te das conta cando a están construindo de que é así, que encaixa. É cómoda, sustentable…
. Fíxose un estudo sobre as  liñas Harman.
. Estudouse moi ben a cimentación creando unha proporción “áurea” (xeometría sagrada) que se conseguiu por  intuición.
. A vivenda non ten nada de metal, as tuberías non son de pvc, os cementos foron sen cromo, sen residuos. Construíronse as paredes con termoarcilla, o tellado con madeira, preparouse para que os listóns encaixaran entre sí para non introducir clavos, barnices naturais, celulosa reciclada como aillante… Conseguiuse manter a temperatura ideal tanto en inverno coma no verán. O gasto enerxético é reducido. A cuberta é biocrimática, ben aillante para que disipe o calor. A casa ten os enchufes necesarios e de cada enchufe sae un cable. As paredes revestíronse con cal, as esquinas das paredes e do chan son redondeadas, as baldosas son de barro naturais, a pintura contén silicato (50 anos de garantía), creous un muro “trombe”( muro ou parede orientada ó sol, preferiblemente ao norte no hemisferio sur e o sur no hemisferio norte, construida con materiais que poidan acumular calor baixo o efecto da masa térmica – pedra, hormigón, adobe, auga - combinado cun espacio de aire, unha lámina de vidro e ventilacións formando un colector solar térmico).
. Crearon duas fosas de reciclado de augas negras, e unha fosa de augas grises para a rega. Construiron un secador solar para a froita e a verdura, pozo, cociña solar…..
. Tardaron 5 meses en construila.

lunes, 6 de junio de 2011

Actividades

Con motivo del día mundial del medio ambiente hemos decidido que esta semana la vamos a dedicar a charlas sobre este tema. Todos los días habrá una o varias charlas y actividades relacionadas.
Por otra parte, en asamblea, se a decidido votar puntos solo un día a la semana, los otros los dedicaremos a informar a los asistentes para así tener una idea mas global sobre los temas a tratar.

LUNS 6
20.30 Charla-coloquio
-“Hortas ecolcolóxica escolares”
-“Transición a un futuro sostible”

MARTES 7
19.00 Pilates
20.30 Charla informativa “Bioconstrucción e vida sostible”

MÉRCORES 8
20.30 Charla informativa:
-“Dereitos dos animais” a cargo de Julio Ortega.
-“Desenvolvemento Sostible” definición, principios e situación actual

XOVES 9
19.00 Pilates
20.30 Charla informativa:
-“Rede Natura 2000 na ría de Vigo”
-“Proposta de transporte público para o Morrazo”

VENRES 10
18.30 Contacontos.
20.30 Charla informativa “Tranxénicos

Acta 06/06/2011

CHARLA INFORMATIVA: HORTOS ESCOLARES E AGRICULTURA ECOLÓXICA (06/06/2011)
PONENTE:
. Este é un proxecto xustificado para que a comunidade educativa se implique máis co medio ambente. Non se pode deixar de lado esta educación. Reparto xusto versus desarrollo, senembargo o que se ve hoxe en día é inxustiza social.
. A permacultura implica tódolos ámbitos, intenta reunir toda a información para influir no reparto xusto de recursos. Uso xusto para que as xeracións que veñan tamén o disfruten. E o coiden. Educación para a sostenibilidade.
. Horto escolar: con esto faise ver ós cativos o que é desechable, promóvese a non competitividade, non ó protagonismo.
. Conseguiuse que fose unha asignatura lectiva máis. Con este método pásase da teoría á práctica: matemáticas, física, arte, música, química. Comprobouse que favorece moito ós nenos con conductas agresivas, nenos hiperactivos, ou con algún problema de integración. Nesta asignatura todo é práctico e aquí descargan todo o acumulado.  
. Autoxestión dun sistema: é un proxecto de 2, 3 ou 4 anos  xestionado por monitor@s e logo o centro docente é quen se fará cargo. Isto faise para non crear dependencia de monitores expertos. Foméntase a sostenibilidade, p.ex. calentadores solares para a auga da cociña, pequeno horto do que logo se levarán as verduras ó comedor, pequenas cousas que se van facendo para cando se corte o grifo!
. O colexio volcouse moito co proxecto, incluso recopilaron cancións antigas de horta.
. Hai que deixar claro que o horo fanno os alumnos, non os monitores. O crean todo eles e participan tódalas aulas en todo: cos semilleiros os máis pequenos, cos sachos xa os maís maiores….o que sí se fai é que os maiores dirixan e protexan ós máis cativos, trabállase a figura do “irmán maior”, polo tanto traballan todos xuntos. A dinámica que se segue é que todos traballan en todo, así vai máis rápido. O que empezan uns o acaban outros. Así rómpese o ego de “iso o fixen eu”. Recórdase que todo é de todos, comunitario, e danse conta do valor das cousas, síntense motivados e aprenden a coidar o que é de todos.
. Co horto tamén se integrou unha charca (acuacultura) na que aprenden a función da fauna nestes ámbitos: para que serve un mosquito, unha rá…… tódolos elementos son necesarios. A través dos animais e do medio ambente vaise integrando tódalas asignaturas.
. Se non respetamos o medio non se pode exixir que sexamos máis solidiarios.
. Intervención: ¿O proxecto está colgado na rede? ¿Cómo se pode acceder a él?
. Partiuse da base de que o colexio si quería esa actividade, ademáis non como clase extraescolar senon como asignatura e a verdade é que non hai material nen libros todavía sobre o tema.  Empézase agora a introducir o medio de sostenibilidade nos centros, moitos o queren no seu currículum pero non todos teñen os medios.
. Como anécdota, direi que os nenos teñen máis ganas de comer verdura. É un éxito. O sector primario deixouse de lado e nos centramos nos servicios. Hai que volver á primeira opción. Hai que centrarse máis na “autoxentión”, recuperar as terras abandonadas é básico.
. Breve explicación sobre o “Compost” e proxección de power point informativo.


 “GRUPO DE CONSUMO”:
. Trátase dun horto común que coidan entre todos os que pertencen ó grupo. Desterrase a idea de que o campo é pobreza. O 50% da xuventude está en paro, hai moitos proxectos de agroforestal en colaboración con universidades que daían vida á cidadanía local. En Galicia estmaos moi atrasados. Temos unha desvinculación moi grande co medio ambente e co horto. O problema é que agora vivimos en pisos e non hai tempo para traballalos hortos. A idea é que un horto que alguén teña e non o empregue o ceda e o traballe outra xente, anímase a participar. No grupo todos teñen unha tarefa asignada. Conséguese unha boa alimentación e da traballo á xente local. Tamén se propón un banco de tempo ou trueque.



sábado, 4 de junio de 2011

ACTA ASAMBLEA 03-06-2011

13 ASAMBLEA 03/05/2011
1º FORO ABERTO
 . MEDIOS DE COMUNICACIÓN
                PÚBLICOS           PRIVADOS
                               INSTITUCIÓNS ESTATAIS POLÍTICOS E SOCIAIS
                POBOACIÓN:    PERIODISTAS PROFESIONAIS – ANUNCIANTES
. Hoxe viu dar unha charla o periodista Juan Luaces.
                Está a favor dos dereitos de autor, cree que os familiares dos autores teñen todo o dereito de herdar as ganancias que sacaron súas cancións, publicacións… ó igual que calqueira persoa de a pe herde calqueira outra cousa (na súa opinión).
. Intervencións:
-          SGAE, copia dunha obra para uso privada  é legal. É un atraco a man armada. Crítica o cannon, que é un imposto adicional.
-          Experto: Non está a favor da gratuidade. Os autores non defenden a gratuidade. Non defende a SGAE porque funciona mal.
-          Xestión abusiva da SGAE
-          Telefonía que vende 10 megas e non son para ver o correo
-          Libros caros. Que proporción das vendas vai  para o autor. Sempre se vai preferir o orixinal, pero sale máis barato para quen edita e imprime.
-          Exp: Cos discos repártase unha parte entre a tenda, distribuidor, fábrica…. A promoción e edición cada vez é máis difícil. Agora hai moita autoedición, porque agora non se venden tantos discos. A promoción é importante.
-          A calidade é importante.
-          Exp: Non, a calidade da obra non vende. Como no caso dos periódicos que non son independentes, dependen dos anunciantes, son empresas. Os músicos poden ser moi bos pero necesitan estudos de grabación, un productor, etc; cousas caras que o músico non pode pagar. Todos eses gastos cárganse ó precio final do disco. No mundo discográfico hai 4 multinacionais inda que  a parte hai outras discográficas.
-          Os gastos son moitísimos, pero é como o debate da hostelería, se queren gañar 100,00€ venden un prato de 100,00€ ou 100 de 1,00€. Se os presos non son acordados ó nivel da vida, iso discrimina. A cultura hai que expandila. É necesario revisa-los presos para auenta-la expansión, que os artistas vendan.
-          Exp: Ás empresas non lles interesa a vertente económica. Nos libros e discos pídese que se rebaixe o IVA. En Francia defendese a cultura activamente. A cultura tamén se mediatiza, hai música de masas e outras que non se promoven como a clásica ou a tradicional. Hai que aumentar o nivel cultural deste país. Habería que promovelo. Hai que diferenciar entre consumo de masas e a calidade.
-          O problema é o modelo de negocio. Exemplo de modelos de negocio: spotify, que xeneran máis ingresos que a venda de discos físicos.
-          Exp: Eses novos modelos empezan a ser rentables agora, pero comezouse coa gratituidade en internete para atraer á xente e no futuro se comezará a cobrar.
-          O formato físico está obsoleto. Iso ás discográficas non lles gusta, por exemplo artic monkeys.
-          Estamos ante algo similar á revolución industrial. Traballos como o reparto en fugoneta de discos está obsoleto.
-          Exp: xa se verá.
-          As empresas están loitando contra internete.
-          Exp: A música foi a primeira en adaptarse, a continuación o faran cine e medios de comunicación. Todo o mundo invirte en internete. Pero internete non é a liberdade, acabará seguindo controlado como calquira outro medio.
-          Modelo de negocio dos peródicos en internete será necesariamente  poñelos de pago. Un modelo posible para prensa física sería periódicos sen publicidade. Ese é o modelo de futuro. Eu o compraría.
-          Escrito de Chowsky sobre manipulación dos medios.
-          Destaca a promoción da mediocridade de Telecinco. Tamén a importancia da educación no funcionamento dos medios. Hai que informarse de varias fontes e contratar. Nos medios téndese á opinión. Hai que distinguir entre información e opinión. Actualmente a xente busca que os medios lle dean a opinión que deben adoptar. Influencia dos lobbies. Conxuntos de persoas que pretenden influenciar en cidadáns e políticos.
-          Proponse facer un partido, a nivel galego ou local e ver “que pasa”.
-          Todo é manipulación.
-          Preténdese camiar o sistema, nonfacer ningún partido político.
-          Hai que ter conciencia crítica, a manipulación sempre vai estar ahí.

ASAMBLEA : MEDIOS DE COMUNICACIÓN
                1º Todo cidadán ten dereito a recibir unha información veraz e independente (obxectiva). Que se garanticeunha medición de calidade e ética que anteponga o interés xeneral e os dereitos da cidadanía a recibir unha información veraz e fidedigna.
                . Deberíase garantir o dereito á información mediante a regulación do periodismo e a súa independencia.
                Intervencións:
                . En vez de facer unha asignatura sería mellor informar doutra maneira, mediante charlas por exemplo.
                . Poden ser charlas, actividades informativas en colexios….       
                               Votación: Todos a favor.
                2º Millora-las condicións laborais dos periodistas, as actuais son moi precarias.
                               Intervencións:
-          Un periodista debería ter un soldo como todo o mundo, nin máis alto nin máis baixo.
-          Sufren precariadade laboral.
-          Deste tema xa se falou noutra asamblea, acordouse cobrar segundo categorías profesionais.
-          Os periodistas en situación precaria fai cousas no seu traballo que seguro que non lle gusta pero…. “é o que hai”. Están moi presionados.
-          Proponse quitar/eliminar este punto. Votación: todos a favor.

3º Control ou spresión dos “Lobbies”
                Intervencións:
-          É moi complicado fcelos desaparecer, sería mellor que se controlaran dalgunha maneira.
-          Non todos os lobbies son malos.
-          Cando a cousa vai mal, os darriba saben calmar ás masas (ex: touros, festas nacionais, etc)
-          Poderíanse controlar facéndoos públicos.
-          É un tema moi complexo. Proponse debatilo noutra asamblea ampliamente.
-          Debería haber máis control para que se mantiveran no límite da mentira, da manipulación. Habería que formar comisión ou organimos que controlaran ós medios de comunicación defendendo a “non manipulación”. Pero logo quen controla ó controlador?
-          É bo que haxa periódicos de tódalas ideoloxías, somos nós os que temos que discernir cal é o mellor para nos, comparar moito e sempre dende o punto de vista da obxectividade (PLURALIDADE). Hai liberdade de expresión. Nós somos os que decidimos q que é xusto ou non.
-          O que non se pode consentir é a mentira.
-          Hai cousas que son certas e cousas que non. Deberíase ter control con xente de varios ámbitos.
-          Puntualización: As persoasque fagan o control van ser subxectivas porque teñen as súas propias ideas.
-          Cree na liberdade do indivíduo e na educación.
-          Hai manipulación ata na historia. Non todos temos a mesma ideoloxía nen a mesma forma de ve-la vida. Canto maáis control teñamos menos libres imos ser.
-          A liberdade de expresión está clara, hai que controlar os abusos. Hai que discernir se nos están enganando ou non. “Unha mentira repetida un millón de veces acaba convertíndose nunha verdade”.
-          Hai novas  que levan a engaños.
-          Que emitan un informe, que haxa algún tipo de control
-          O tribunal tería traballo tódolos días! Xa existen organismos de control para todo, pero non teñen consecuencias legais ou punitivas sobre os medios… non solo son os medios os que manipulan, tamén poden ser as fontes. É moi compricado controlalos medios. Sería interesante un consello de sabios pero sería arriesgarse tamén, non sabemos que resultado darían.
-          Consellos para a regulación da TV, xa hai pero ainda que se puider multar estas son máis económicas qu o que reciben. O negocio xa está feito. Ainda se gañaría máis publicidade. Os contidos en horario infantil non cumpren a normativa. Somos nós os que educamos ós nosos fillos, non se pode ocultar unha parte da sociedade. Temos que influir en que os nosos fillos sexan educados para saber o que teñen que dicir…hai moitas formas de pensar que non son como as nosas. Exemplo: Chavez cos medios de comunicación. A liberdade de expresión fainos libres.
-          Os medios están monopolizados. Os medios principais están moi financiados polos partidos, e están nunha posición desigual.
-          Cada un ten as súas ideas e temos a cabeza para discernir. Seguro que se houbera un consello regulador habería unha voz cantante. Basta de comprobar dous medios de comunicación de ideas distintas.
-          Non hai penas por manipulación mediática porque está máis ben dirixida á opinión. Debería ser controlado. A propia sociedade rechaza cousas pero ó mesmo tempo as apoia porque as ve se a xente estivera mellor educada rechazaría isto. O problema é como controlalo.
-          Os periodistas non teñen control sobre nada. Non teñen lierdade de expresión. Habería que reforzar coa lei laboral unha que lles ampare.
-          Proponse non debatilo punto. Seguirase debatindo.

4º Medios de comunicación local e formas de promociónalo
-          Proponse que a asamblea en sí é un medio de comunicación. Poderíase crear unha revista.

Fin da asamblea. Recordatorio de actividades para o día seguinte.