martes, 31 de mayo de 2011

9ª ASAMBLEA 30/05/2011


1º Breve lectura sobre comunicado de DRY

2º Recordatorio: a partir dos próximos días haberá poñentes especializados en varias áreas.
. De comunicación e propiedade intelectual
. Macroeconomía, bancos e caixas
. Contratación pública e privada
  Por outro lado, comunícase que na próxima asamblea explicarase o que aconteceu durante este tempo noutras partes de España e do mundo, relacionado co movemento.
 Lectura do comunicado que se fixo de prensa sobre o desaloxo violento da asamblea de París. Decidiuse ir a Madrid a fin de semana para concretar puntos que se poidan levar ó parlamento.

3º Recordatorio da acta do día anterior.

ASAMBLEA


Orde do día:
  1. Informase que se constituiu una asamblea en Madrid para tódalas acampadas de España. Consiste en ir a máxima xente posible á asamblea que se fará en Madrid durante esta fin de semana.

Intervencións:
  • Deberíamos de tratar de mellora-la coordinación entre tódalas acampadas. Deberíase construir una estructura “horizontal” para ser todos oídos, incluso as localidades pequeñas. Centrar a reunión en que haxa comunicación horizontal.
  • Dende Granada saíu a idea da reunión de tódalas acampadas nunha soa cidade, por exemplo Madrid por ubicación xeográfica, para facer forza.
  • Proponse facer unha bolsa de propostas común ó territorio e presentalas.
  • Proponse ler as 8 propostas e tamén os mínimos
  • Os mandamáis, os daí arriba nos queren dividir, proponse comezar mellor por uns mínimos común a tódalas acampadas de España.
  • Proponse enviar tamén as propostas que acordamos ata o momento en #acampadacangas.
  • Todo é importante, non se poden poner unhas propostas por riba doutras.
  • Hai que ter tendencia a unificar e pidir algo concreto ó territorio nacional, non centrarse no local nen por comunidades.
  • Centrarse só nas que se poden cumplir. A xente quere resultados. Hai que comezar pasiño a pasiño.
  • Recóordase que o propósito é votar  e acordar primeiro se se envía representación a Madrid da #acampadamorrazo. Non hai presa, pódense pactar agora uns mínimos e seguir pactando.
  • En tódalas asambleas que se fixeron non saiu ninguna idea descabellada. Ata o momento todas son válidas. Pero hai que acordar uns mínimos e seguir. É unha carreira de fondo
  • Falan dun comentario ou declaración que fixo un señor que participou en maio do 68 (Francia). Di que as forzas políticas estaban esperando q que saira un líder para compralo. Os políticos e a xente poderosa teñen moitos medios para corromper ás persoas. Entón advírtese que non hai que deixarse ir tan despacio.
  • Advirten dun perigo por parte da dereita. Hai un intento de converti-lo movemento nun descontento, sen nada que proponer. Temos que ter ben claro que é o que queremos, se unha democracia representativa ( a que temos ) ou unha democracia participativa (onde o pobo participe, un obsectivo moi ambicioso).
  • As cousas de maior efecto son as de raíz, hai que golpear ó sistema económico.
  • Se se aproban as penas por corrupción os xuices van estar de parte dos políticos. Teñense que separar os poderes. Reivindicase ir a por todas, hai qu aproveitalo momento, pedilo todo porque ó mellor non imos ter outra.
  • Recórdase o acontecido co IGAPE estes días.
  • Hai que ter pillería, intentar ir a polos puntos que máis vote a xente. Proponse eliminar das propostas, por exemplo, a reducción do gasto militar, e retomalo máis adiante.
  • Se lle rebate ó anterior que se se lle explica ben donde van parar os nosos cartos e as repercusión que o gasto militar ten na sociedade, habería ainda máis xente a favor do punto de “recortes no gasto militar”.
  • Reivindícase a “separación de poderes”.
  • Proponse facer online  e non asistir directamente a Madrid.

Votación: queremos que vaian portavoces de #acampadamorrazo á asamblea que se realizará esta fin de semana en Madrid.  Todos a favor.
  1. Cantas propostas levar
    1. Intervencions:
      1. Lectura das 5 propostas (consenso de mínimos). Obxectivos para a obtención dunha Democracia Real Xa.
        • 1º Cambio da lei electoral.  (Votación: todos a favor)
          • . Comentan que a circunscripción única pode ser perxudicial para provincias pequenas. Galiza podería estar afectada.
        • 2º Lei de transparencia administrativa e política. (Votación: todos a favor)
        • 3º Dedicación exclusiva dos parlamentarios. (Votación: un voto en contra)                        
          • Coméntase que se aprobou xa noutra asamblea.
        • 4º As penas sobre a corrupción.
          • . Que se aumente o tempo de prescripción
          • . Comentan que cando saian do cárcere teñan que devolver o estafado. Hai que falar co comité de lexislación para consultar se é viable ou non. Falan tamén de que os cartos se meten en paraísos fiscais a nome doutras persoas. Este tema xa se debatiu e acordou noutra asamblea.
          • Exténdese o punto: Que os imputados en corrupción teñan que devolver os cartos defraudados ó erario público. Ademáis da conseguinte pena de cárcere.
          • Votación: equiparación da clase política co resto da cidadanía en tódolos ámbitos. Todos a favor.
        • 5º Mandato imperativo: que os cargos electos estén obrigados a cumplir co seu programa electoral. Votacion: todos a favor.
  • Lectura das 8 propostas iniciais
1º Eliminación de privilexios da clase política
2º Contra o desemprego
3º Dereito á vivenda
4º Servicios públicos de calidade
5º Control das entidades bancarias
6º fiscalidade
7º Liberdades cidadás e democracia participativa
8º Reducción do gasto militar

Votación.  Apróbase levar os 5 mínimos.
Votación : ¿Queremos levar as propostas aprobadas en asamblea  en #acampadamorrazo.? → Todos a favor.

Intervencións:
  • Comentan que o senado non serve para nada, deberíase elimar. A monarquía habería    que eliminala.
  • Suprimir os cargos inútiles.
  • España é unha monarquía parlamentaria. Así o establece a constitución
  • Calqueira proposta que saise nova se debería de votar.
  • Recórdase que o tema da “Monarquía” se aprobou anteriormente para debatilo en asamblea.
  • Proponse votar agora se é un tema para levar a Madrid a fin de semana ou non. Votos a favor: 34 ; votos en contra: 26. A proposta se debatirá antes de ir a Madrid.

FORO ABERTO:

Intervencións:
  • Civismo e respeto para mante-la unión.
  • Proposta de contabilizar votos nulos e brancos. Tamén os “non votos de conciencia” para que quede reflexado que o sistema non é o adecuado. Que o nº de xente que non vai votar quede reflexado dalgún xeito para que poidan indicar de porque non votan.
  • Hai moitas propostas para votar e tratar, e hai moi pouca xente.
  • Non somos anticonstitucionais.
  • En Cangas somos 25.000 persoas, pero non todo o mundo participa nas asambleas. Habería que atraer a máis xente para falar e dialogar, para xenerar debate. Hai que escoitar os demáis para poder ver se saen cousas novas.
  • Forma de traballar. Nos concellos hai plenos participativos. O final hai rogos e preguntas. Podemos enviar a algún representante de nós para informar. Tamén poderían acudir ás asambleas agún político. A participación é libre e voluntaria, e  se nos plenos non se lles deixa falar, que veñan aquí.
  • Idea para o tema da monarquía: que traballe máis e se gañen o soldo. Eliminar a diputación e as xuntas. Debería haber un gobernó central e poñer reforzos nos concellos. Así se acortarían moitos gastos, sen intermediarios.
  • Faise referencia ó comunicado de DRY. Non nos imos convertir nun partido político. Proponse designar a algunha xente (voluntarios) para que entren nas listas e ocupen un posto nos deputados para facer de vocais das asambleas. Non se debería de elimina-lo gobernó porque se traballou moito para conseguilo.
  • Personalizando as asambleas, as persoas se poden corromper. Os políticos teñen moitos medios.
  • Incídese que cando todo o mundo estivese representado non se necesitaría un portavoz (correo electrónico-complementario).
  • Hai xente que non participaría.
  • O gobernó debería informar sobre as leis que se están estudando e aprobando.
  • Debería haber unha revista ou periódico gratuito, no que se informara con linguaxe coloquial sobre temas do BOE. Sería accesible a todo o mundo (xóvenes, maiores…) e así a xente se implicaría máis.
  • Reflexión: non toda a xente ten acceso a internet e habería que informar de máis maneiras para ser accesible a todos.
  • Deberíanse de facer xuntanzas veciñis para trata temas, compartir ideas…
  • Capitalismo: moita xente, xóvenes sobre todo, teñen todo o que queren, por iso non lles interesan estes temas.
  • Hai unha mistura: por un lado nos venden que hai que ter unha boa tele, uns bos tenis, roupa…..vivimos nunha nube, pero tamén os políticos se aproveitan diso e deixan de informar. Non hai posibilidade de saber que se vai votar no congreso. Hai unha clara falta de vontade polo goberno en xeral.
  • Recórdase o acontecido en Barcelona e París. Chamamento a voluntarios.
  • A linguaxe dos libros de leis non se entende. Debería ser máis sinxela.
  • Habería que implica-los medios de comunicación. A TVG non ensinou nada das manifestacións. Os políticos queren que as persoas sexamos “peóns” e non pensemos.
  • Recordatorio da idea do voto electrónico.

lunes, 30 de mayo de 2011

Forza!!

8º ACTA ASAMBLEA 29/05/2011

ACTA ASAMBLEA 29/05/2011

(aproximadamente 50 asistentes máis os de organización)

  1. Lectura do Manifesto
  2. Lectura acta anterior
    1. Puntos aprobados na Asamblea anterior
  3. Orde do día :
    • Conseguir realizar medidas para garantir a universalización das garderías públicas para nenos de 0-3 anos. Non existe lexislación que regule garderías actualmente.
Intervencións :
      • As “Galescolas”/”Galiña azul” están financiadas a medias entre a Xunta e o Concello correspondente. A diferencia de intereses partidarios inflúe nas partidas presupostarias. É necesario que iso sexa regulado.
      • ¿Que pasou co antigo material cando se mudou de “Galescolas” a “Galiña azul”?
      • A educación non é un gasto, é unha inversión. Debe despolitizarse.
      • Recordatorio do punto de onte “estabilidade dos plans”, que non se cambien os plans educativos tan a menudo
Votación : Conseguir medidas para que tódolos os nenos teñan aceso á gardería pública. →  APROBADO

  • Financiación de colexios públicos, concertados e privados.
Intervencións:
      • Existen outros tipos de escolas, nas que se usan métodos pedagóxicos alternativos con bos resultados.
      • Os profesores da privada están en peores condicións cos das públicas
      • Que as educacións “diferentes” as costeen os pais.
      • Informe PISA é desfavorable para España tódolos anos. Tomar exemplo de paises como Finlandia que sempre están nos primeiros postos. Adoptar os seus métodos e programas.
      • Mellor que alguén que sepa do tema expoña as diferencias entre público, concertado e privado.
      • Os concertos (colexios concertados) existen para resolver o problema de prazas insuficientes nos colexios públicos. O ideal sería eliminar paulatinamente os concertos, pero non interesa porque os estado aforra moitos cartos cos concertos.
      • O nivel de esixencia dos privados é menor
      • Recordar que os pais son os primeiros educadores. Os nenos vense sobrecargados de actividades extraescolares debido a dificultades de horarios dos pais, dificultade de conciliazión familiar.
      • Todo o mundo ten dereito a unha praza nun colexio público, o que hoxe non hai. Hai que pensar nos nenos non en nós, “non son mercancia, son persoas”. Dado que os colexios privados teñen financiación pública debería ter tamén as escolas alternativas.
      • Explicación do funcionamento das escolas en Finlandia : Os contidos son elexidos polos pais e nenos. A importancia non está no que se estuda senón en como.
      • Educación en casa. Non permitida en España pero si en outros moitos paises..
      • Non interesa que pensemos, non interesa formar librepensadores senón máquinas de produción.
      • Elección de colexio concertado por nivel educativo y horarios. Pero os concertados carecen das subvenciones (transporte, ordenadores, etc) de que dispoñen os centros públicos.
      • A conciliación entre vida familiar e laboral non existe.
      • Maior interese pola ensinanza dos profesores dos concertados. Aforro ó Estado polas instalacións que son feitas con cartos privados e son mellores no concertado que no público.
      • Experiencia persoal: Comparando os consellos de colexios concertados con intituto público de Cangas, hai máis transparencia no concertado
      • Ensinanza depende tanto de profesores como alumnos. A educación nas casas é fundamental.
      • O debate non é que tipo de centro é mellor ou peor, senon se queremos ou non que os nosos cartos financien centros privados. Falla o sistema → falta de motivación. Flexibilidade do sistema.
      • A existencia de concertados e resultado dunha deixación de funcións do Estado.
        • As comunidades autonomas establecen o número de centros concertados.
        • O Estado debe garantir a educación pública
        • Os profesores deberían o mesmo nos distintos tipos de centro
        • Existe unha gran flexibilidade curricular → os centros teñen liberdade para establecelo, acertos ou erros é responsabilidade dos docentes
        • Deberiase eliminar os concertos progresivamente a favor de aumentar prazas nos centros públicos. Os concertos son unha anomalía do sistema, existen para cubrir as plazas que os públicos non cubren
      • ¿As subvencions aos concertados realmente se invirten no que se debe?. O nivel en selectividade ven influido por que os privados compran exames. O mair número de aprobados convén para captar alumnos


Votación :
      • Eliminación progresiva dos concertos en favor de aumentar as plazas públicas → APROBADA (2 votos en contra)
      • Equiparación de condicións laborais entre concertados e públicos → APROBADA
      • Equiparación da preparación dos alumnos independientemente do tipo de centro → APROBADA

  • Relixión na educación pública e concertada.
Intervencións:
      • A constitución establece que España é un Estado laico
      • Corrixe o anterior.A constitución establece que España é un Estado aconfesional.


Votación:
      • Non financiar as clases de relixión en centros públicos e concertados → APROBADA
  1. Tema de mañá : Educación universitaria e Investigación pública

Foro aberto


  • Situación en París. Manifestantes na Plaza da Bastilla. Desaloxo violento.
  • Existencia de postos designados a dedo nos centros privados. Persoal pouco cualificado elixido a dedo.
  • Importancia de “crear” librepensadores.
  • Funcionamento como cooperativas dalgúns centros concertados co resultado de ocuparse postos por cartos que se teñen en lugar de cualificación
  • Problema planteado de forma sistémica.
  • Responsabilidade educativa da TV
  • Culturización da sociedade. Fomentar a lectura e interese pola cultura.
  • A porcentaxe do PIB destinado a educación e moi baixo en España (4%) en comparación a outros paises europeos que alcanzan un 7 ou 8, casi o doble.
  • Acceso a educación superior

domingo, 29 de mayo de 2011

7º ACTA ASAMBLEA 28/05/2011

7ª ASAMBLEA 28/05/2011

1º Lectura manifesto
2º Recordatorio ó apoio a Barcelona
3º Recordatorio: asamblea diaria as 21:00h. Obxectivos: Propor obxectivos, ideas e intentar consensualas coas demáis acampadas.
4ºRecordatorio da asamblea anterior
5º Lectura relativa ós dereitos dos nenos nas etapas fundamentais.

ASAMBLEA.
1º Recortes en educación

    Coméntase a cifra de 1,800.000,00€ de recortes á educación, dos que só 200.000,00€ se refiren a recortes do ministerio e o resto divídese por comunidades. Suxírese que invertir en educación é inversión de futuro. Sae o tema do recorte militar. Coméntase que políticos captan xente xa dende os colexios facendo demostración con armamento. Faise unha mención de que, onte (27-05-11), foi do día das Forzas Armadas, e durante toda a semana fixeron charlas e demostracións en colexios.
    Unha mestra fala sobre o ratio das clase, a nula liberdade que teñen os nenos nas aulas. Indícase que os primeiros educadores son os pais. Por outro lado, hai mestres que en vez de educalos, fan propaganda política. Hai pouca calidade no que se ensina nas aulas pola masificación de aulas e colexios. Proponse menos alumnos por mestre. Coméntase sobre os recortes nos libros da escola.
    Repítense os puntos a tratar.
Fálase do fracaso escolar, multiplica o risgo de pobreza. “Cidadans que deixan os estudos, despois lles costa un millón de euros na vida. Vólvese á idea de que cada neno ten o seu ritmo e habería que telo en conta nas aulas. Hai que deixar que se expresen libremente, que exploren tódolos ámbitos posibles para descubri-la súa vocación. Intervir con nenos con capacidades especiais.
Unha mestra comenta sobre a programación ds clases: “os colexios son como fábricas, non se valora a individualidade nen a creatividade. Todos somos raros pa sociedade”. Recórtase en clases como arte, música…pero nunca en relixión. Sobre os nenos con necesidades especiais indica que as leis son moi bonitas pero non se cumpren. Non hai cartos para profesores! Comenta que “hai que educar en frustración, que saiban que non todo o queren o van a ter”.
    Proponse seguir co foro e votar outro día o tema da educación ou intentar dar solución ós temas da asamblea.
Pronse a introducción de postos de psicopedagogos e ou coidadores. O ratio de 25 alumnos en infantil é unha loucura. Os políticos teñen que chegar a uns obxectivos que duren. Hai unha mala inversión nas aulas, os recursos dixitais non se saben empregar ou non se empregan por non gastalos. Deberíanse empregar dunha maneira productiva. Non hai coherencia.Cando se fan recortes, o 1º en educación e o 2º en saúde “sempre”. Deberíanse facer recortes noutras cousas
Proponse por unha casilla na renta para educación e indicar que os cartos non vaian para gastos militares.
Propostas:
1º Marco legal estable, non ás reformas cada 2 anos. (todos a favor)
2º Aumenta gastos en educación, é unha inversión non un gasto. (todos a favor)
3º Reducción dos gastos militares e máis para a educación. (todos a favor)
4º Aumentar contratación profesorado (diminur ratios de alumnado). (todos a favor)
5º Aumentar a contratación de coidadoras e psicopedagog@s. (todos a favor)
6º Casilla educación na declaración de facenda. (todos a favor)

FORO ABERTO
    O sistema falla e vótanlle a culpa á crise.
    A medicina, o leite materno é bo pero é máis interesante “vender”. Isto é culpa de farmacéuticas e do estado.
    Os grupos de diversificación limítanse a xente conflictiva, rezagados, inquietos…e nestas aulas non se lles deixa crear nin esforzarse. Deberían traballar máis tempo con eles.
    Escolas Waldorf: sistema educativo onde os nenos controlan o que estudan. Eles se programan de diferentes xeitos alternativos. Asimilan mellor as cousas, están estimulados, pensan…
    A ESO creouse para crear “imbéciles” e xente buscando emprego
    Invertir en educación vial
    Non hai apoio da xunta nen de ningún tipo para nenos con necesidades especiais. A educación comeza na casa.
    Formación contínua para profesorado (novas tecnoloxías)
Educación nos medios de comunicación
Prohibir visitas de políticos a colexios e institutos
Prohibir que empreguen nos mítines menores de idade
Moi importante COLEXIOS CONCERTADOS con financiación do estado.

sábado, 28 de mayo de 2011

6º ACTA ASAMBLEA 27/05/2011

6ª Asamblea 27/05/2011

1º Manifesto a leer
2º Recordatorio asamblea anterior

Comunicación con barcelona: mais xente que antes do desaloxo

3º Orde do día.
Leese extracto do libro ``La Costa´´ de Daniel Montoro

Asamblea:

1- Salarios e privilexios fiscais da clase política española
1º Soldos:
Deberianse regular como o resto dos españois, facendo que os soldos dos políticos sexan iguais os dos traballadores.
Facer unha lei que iguale o soldo dos políticos (que parte do soldo sexa por obxetivos)
Remunerar por categoria profesional; Regulada e controlada por ispeccións-contractuais e que cumpran o mesmo sometemento de control que nós (eleminar dietas innecesarias)
Un sueldo profesional según categoria regulado e controlado (maioria)

2º Incompativilidade se soldos:

Incompativilidade dun soldo público mais un privado.
Propoñer unha lei que regule imcompatible cobrar por cargo público mais un privado (maioria)

3º Pensións:

Actualmente, a pensión máxima anual dun traballador “común” é de 32,000,00E mentras que a pensión máxima dun político anual é de 72.000,00E, puidendo chegar a 35.000,00E mensuais.
Propoñer unha lei que iguale os soldos e pensións entre políticos e traballadadores
(maioria)

4º Patrimonio e Nóminas:

Actualmente só se lles retén un 4,5%
Non están obrigados a declara-lo patrimonio

Propoñer lei que iguale as retencións nas nóminas dos políticos ás dos traballadores.

Calqueira que opte a un cargo público ten que declarar “por lei” o patrimonio de seu mais o de familiares ata 1º Grado anualmente (para non enriquecer a familiares)

Proponse debatir sobre se a monarquía, indican que se igualan ós políticos ou “funcionan” como políticos. De feito, o rei é o xefe do Estado e é el quen firma “tódalas leis”
(votos a favor de debatilo hoxe: 2, votos en contra: maioria, aprázase)

5º Dietas e despilfarros:

Recorta-las dietas. Que facenda regule a fiscalidade, se te pasas dun tope que o paguen do seu peto.
Suprimi-las directamente (fondos de teléfono, mariscadas, coches oficiais para asuntos persoais, viaxar en 1ª clase, etc) De feito, as empresas privadas pagan as dietas dos empregados, ás dos políticos as pagamos nós. Proponse igualar o importe de ditas, que sexan iguais. Deberíase tamén diferenciar e controlar cal é unha viaxe oficial e cal non a é! Proponse que poderían reunirse ou comunicarse por webcam.
(votos en contra: 3, maioría a favor)
Coméntase que a “profesión” de político non sexa un “CHOLLO”, que se traballe por vocación e que deberían obrigalos a que colleran o transporte público. Outra persona indica que como teñen que ir con escolta por mor dos atentados, non sería viable. A isto lle rebaten que se fixeran ben o seu traballo non lles faría falla. Somos igual de valiosos que eles, se foran bos non necesitarían “seguridade”. Despois dos atentados do 11S e do 11M nos rexistran para todo! Para ir a calquer lado.
Vótase sobre regularizar as dietas e gastos persoais para que teñan os mesmos topes que os traballadores. Se se pasan, que abonen a diferencia do seu peto.
(votos en contra: 1, maioría a favor)



2- Privilexios legais e políticos

1º Multas:
Proponse que paguen as multas do seu propio peto porque agora as pagamos “Nós”, se abonan con cartos do erario público, que deixen de financiarse con cartos públicos.
Suxírese que, cando se prohíbe en lugares “sen permiso”, zona rústica por exemplo, a responsabilidade sexa do que toma a deción, non da organización (concellos, xunta...)
Vótase sobre que se fagan responsables das súas decisións
(maioría absoluta)

2º Cargos de designación directa:

Proponse eliminar-la “decocracia”.
Vótase sobre eliminar-la.
(votos en contra: 1, maioría a favor)

3º Supresión ou regulación de institucións de cargos políticos innecesarios:

Abórdase o tema das “Áreas metropolitanas”, que haxa unha especie de presidente de área, que se eliminen os alcaldes. Reorganizar as áreas dos concellos para eliminar postos. “Comarcas cun só representante, por exemplo: Comarca do Morrazo, Comarca do Salnés.....
Actualmente, tanto o senado, como a diputación e os concellos “se pisan”. Propoñen reorganización por referéndum.
Decídese aborda-lo tema outro día.

4º Profesionalización e Especialización dos políticos
Vótase directamente. Todos a favor.


FORO ABERTO

. Faise incapé no acontecido en Barcelona, por dignidade.
. Lectura : “Non saben o que están facendo, nin un paso atrás”, “Estar de cara á xente é unha pasada! Recibimos moito apoio, non se para de currar, a xente é moi agradecida”
. Recordatorio: Mañán as 18:00h Charla sobre o movemento coa xuventude e institutos
.Lecturas: “Imposible loitar só contra bancos, políticos... “somos máis intelixentes que os que nos gobernan”
TODOS IGUAIS E TODOS XUNTOS, CADA DÍA SEREMOS MÁIS

.Movemento por un mundo mellor
.”Os políticos non saben que facer, están CAGAOS”
. “Rouco dí que non temos alma”
. “Somos un exemplo de paz”

. SMS dende Barcelona, mirala foto no face de Rafa Berna


viernes, 27 de mayo de 2011

Comunicado de apoio a acampada de Barcelona

Estamos aquí, en resposta a convocatoria xurdida en unanimidad por tódalas acampadas distribuidas por todo o territorio nacional e de fora das nosas fronteiras, tralos feitos ocorridos esta mañán nas acampadas establecidas en Barcelona e Lleida, unindo a eles a nosa voz e solidarizándonos coas decenas de feridos.


Como movemento pacifico, condenamos a violencia policial, exercida de forma brutal contra a cidadania indefensa no exercicio dos seus dereitos. Unha acción que desde aqui calificamos de acto terrorista contra ó pobo, contra o ciudadano de a pe; e recollemos a definición de terrorismo da propia RAE que o define coma unha sucesión de actos de violencia, co uso sistematico do terror para coaccionar sociedades ou gobernos para a promocion dos seus obxetivos.


Recollemos o comunicado de Asociacion de Oficiales da Guardia Civil, a Unión de Oficiales (UO), que criticou no seu momento o mantemento das concentracións nas plazas o pasado sábado 21 deste mismo mes, dia de reflexion; e que hoxe se suma ás denuncias de desaloxo das plazas de Cataluña,no que manifestan que, e cito, “a limpeza da plaza, que pode efectuarse por zonas, e a hipotética celebración dunha victoria tras un evento deportivo, que nin sequera é celebrado dentro do territorio español e a conseguinte confluencia de afición e manifestantes, non xustifica a limitación dun dereito fundamental de uns en pro de outros.”, e remata, “Non concorren motivos suficientes que, ó amparo da lei orgánica pola que se regula o dereito de libre reunión, lexitimen a limitación do dereito fundamental a manifestarse”. Incide este comunicado na “dudosa legalidade do desaloxo, máxime si para elo é necesario o uso da forza”.


Por todo isto, facemos un chamamento tamén ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para que, en cumplimento do art. 11.1, recorden que teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantizala seguridade ciudadana, así coma lembrar a este corpo na súa totalidade que é o pobo o que está indefenso e que son, coma nós, parte do pobo.


Lembramos que, en todo lugar e momento, as acampadas son un exemplo de civismo e unha mostra da resposta ciudadana en apoio a uns principios e demandas que se acollen a un dereito fundamental de tódolos españios, o de reunión, e exisimos a depuración de responsabilidades politicas e policiales, comezando pola inmediata dimisión do actual Conseller d ́Interior de Cataluña ( Felip Puig ) por considerar estes feitos impropios dunha DEMOCRACIA REAL !! E remarcamos unha e outra vez, e as que fagan falta que esta é unha mostra pacifica e non nos vamos!! NON ‘A VIOLENCIA !! gracias!!

Desaloxos en barcelona

As 19:00 concentración en todas as acampadas de españa en apoio a acampada Barcelona, polo intento salvaxe de desaloxo! por favor acudide as acampadas !!! comunicado urxente dende #acampadamorrazo. Difundide isto!!!



------------------------------------------------------------------------------------------------------


A las 19:00 concentración en todas las acampadas de españa en apoyo a acampada Barcelona, por el intento salvaje de desalojo! por favor acudid a las acampadas!!! comunicado urgente desde #acampadamorrazo. Difundid esto!!!